Carmen Tuñón Álvarez, nada en Ferrol en 1949, é unha enxeñeira naval, primeira enxeñeira técnica pola Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Naval de Ferrol e primeira muller analista xefe en Astano.
Traxectoria Carmen Tuñón pertence a unha familia de tradición mariñeira. En 1966 matriculouse nos estudos de Enxeñería Técnica Naval na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol onde realizou a especialidade de “monturas”. No ano 1972 finalizou a súa formación e empezou a traballar no estaleiro de Fene. Neste estaleiro desenvolveu a súa carreira profesional durante 33 anos, sendo a primeira muller en ocupar o cargo de analista xefe.
Recoñecementos
En 2014 foi homenaxeada polo Concello de Ferrol como pioneira do sector naval.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Historia das mulleres na enxeñería
Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes