Minju Kim nada en Gwangju en 1985/1986 é unha deseñadora de moda surcoreana coñecida pola súa roupa feminina e o uso de estampados. En 2020 foi a gañadora da primeira tempada do programa de Netflix Next In Fashion.
Traxectoria Kim naceu en Gwangju, Corea do Sur, e estudou en Nova Zelandia sendo adolescente. Orixinalmente quixo asistir a unha escola de arte e converterse en debuxante, mais foi animada polos seus pais a que estudase deseño de moda en Seúl. Estudou deseño de moda no Instituto Samsung de Arte e Deseño, e despois fixo un mestrado na Real Academia de Belas Artes de Anveres. Kim acredita a influencia de deseñadores e intrutores de RAFA como Walter Van Beirendonck no seu amor polo deseño de moda. No ano 2015 lanzou a súa propia compañía, con sede en Seúl, chamada MINJUKIM. É coñecida por comezar os seus desfiles de moda cun deseño que presenta unha impresión central que se replica no resto da colección. A súa colección de outono de 2018 estivo baseada na serie manga Galaxy Express 999. Ademais de lanzar coleccións cada ano, Kim deseñou para BTS e Red Velvet. Tamén ensina clases de deseño na Universidade Kookmin.
En 2020, Kim foi a gañadora do programa de televisión de Netflix Next In Fashion, un programa de competición en deseño de moda onde foi a finalista xunto co británico Daniel Fletcher. Competiu xunto coa deseñadora chinesa Angel Chen, durante as fases de traballo en equipo, baixo o nome 'Dragon Princess'. Como gañadora, Kim recibiu 250 000 dólares estadounidenses de Net-a-Porter para lanzar unha colección de venda na súa páxina web. Kim foi a gañadora anteriormente do H&M Design Award de 2013 e quedou na lista curta de premio LVMH para deseñadores de moda mozos de 2014.
Notas
Categoría:Nados en Gwangju Categoría:Deseñadores de moda de Corea do Sur