miniatura|260x260px|Esther Estévez nunha entrevista en Nós TV. Esther Estévez Casado, nada en Verín o 18 de novembro de 1997, é unha xornalista galega, presentadora do programa da TVG Dígocho eu dende 2020, de divulgación para mellorar o uso da lingua galega.
Traxectoria Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e após rematar os estudos en 2019, Esther fixo prácticas na Radio Galega e Nós Televisión. Desde setembro de 2019 traballa no departamento de Tempo Real, na Área de Información da TVG, e presenta o programa Dígocho eu dende xaneiro de 2020. Trátase dun programa diario de curta duración que se difunde a través de G24.gal, e redes sociais como YouTube, Instagram e TikTok.
O 18 de outubro de 2020 Estévez pasou a presentar tamén o programa Cachadas, un espazo semanal de humor que recolle algúns dos momentos divertidos da programación da TVG. Ten participado noutros programas de TVG como o Luar ou o especial 25 de xullo de 2022.
Dende o 17 de maio de 2021 Esther presenta Dígocho eu no Twitch da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, «O reto do #DígochoEu», onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, «Apuntamento lusófono», que se emite dende o 19 de maio, o cal presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli, no cal Esther trata de aprender portugués, e Rodrigo galego. Posteriormente, estes programas son resubidos á páxina web e a canle de YouTube da TVG.O actor portugués Rodrigo Paganelli ficha polo #DígochoEu da CRTVG en Twitch
O 19 de marzo de 2022 recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20ª edición dos premios polo programa Dígocho eu, que tamén gañou o premio a mellor programa de televisión. Na 21ª edición dos Premios Mestre Mateo en 2023, volveu gañar outra vez o premio á mellor comunicadora.
En 2023 comezou a presentar o Luar trala marcha temporal de Xosé Ramón Gayoso. Estévez seguiu colaborando en dito programa xunto con Gayoso ata xullo de 2025.
Galardóns e nomeamentos Premio Mestre Mateo 2022 á mellor comunicadora por Dígocho eu Premio Mestre Mateo 2023 á mellor comunicadora por Dígocho eu Premio Lois Peña Novo 2025 en recoñecemento ao seu firme compromiso coa promoción e normalización da lingua galega, destacando como presentadora do espazo da TVG Dígocho eu.
Notas
Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xornalistas de Verín Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela