Paul William Richards, nado en Scranton, Pensilvania, o 20 de maio de 1964, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte da misión STS-102.

Traxectoria Richards graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade Drexel en 1987 e é máster na mesma materia pola Universidade de Maryland en 1991.

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en abril de 1996, participando na misión STS-102 e pasando un total de 12,83 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-102

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Pensilvania