O lats (plural en letón: lati / latu)En letón, o plural de lats é lati para cantidades de 2 a 9 e latu para cantidades de 10 e máis (ex.: 3 lati, 18 latu). Neste artigo, en harmonía coas formas galegas do plural, úsase lats tanto para singular como para plural, do mesmo xeito que a forma santims. foi a unidade monetaria de Letonia desde entre 1922 e 1941, e novamente desde 1993 ata a súa substitución polo euro, o 1 de xaneiro de 2014."Letonia convértese no país número 18 da zona euro". La Voz de Galicia. 31 de decembro de 2013. A súa unidade divisionaria era o santims (plural santimi / santimu)."Lats". En Dicionário Estraviz ."[http://tesauros.mecd.es/te sauros/numismatica/1186855.html Lats]" e Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
O seu código ISO 4217 é LVL e o seu símbolo monetario é Ls."World Currency Symbols". Xe.com"Códigos de divisas por países". Iban.com
Primeiro lats (1922-1941) esquerda|miniatura|280x280px|A moeda de 5 lats de 1931, deseñada por Rihards Zariņš, foi un símbolo da independencia letoa na época soviética."5 Lati". Colnect.com O lats introduciuse como unidade monetaria letoa o 3 de agosto de 1922, en substitución do rublo letón, cunha paridade dun lats por cada 50 rublos.Ducmane, K.; Ozolina, A. (2013). Páxina 147. Desde ese momento ata 1940, o lats estivo vinculado ao padrón ouro.Lucas, E. (2013). "Obituary: Lat it be". En The Economist. 18 de novembro.
O 17 de xuño de 1940, Letonia foi ocupada pola Unión Soviética. Logo do desmantelamento do Banco de Letonia e da súa substitución pola Oficina Republicana de Letonia do Gosbank (o banco estatal soviético) o 10 de outubro dese ano, o rublo soviético introduciuse o 25 de novembro para a súa circulación en Letonia paralelo ao lats. O valor de ambas as moedas igualouse, aínda que o valor real do rublo soviético era tres veces inferior, o que ocasionou que tanto os prezos como os salarios subisen progresivamente, coa conseguinte desvalorización do lats. Para atenuar o efecto do éxodo de mercadorías enviadas á URSS polos ocupantes aproveitando o novo tipo de cambio, introducíronse límites á adquisición de determinados bens.Ducmane, K. (2008). "Sava nauda sava Latvijas Banka IV". En LV (Lvportals.lv). 3 de novembro.
Aínda que inicialmente as autoridades soviéticas se comprometeran a non abolir o lats, esta moeda foi retirada da circulación sen previo aviso ás 13:05 horas do 25 de marzo de 1941, e nese mesmo instante nacionalizáronse todos os depósitos superiores a 1.000 lats. Unha parte das reservas de ouro, de prata e de divisas de Letonia fora xa enviada a Moscova ao inicio da ocupación."History of money in Latvia". Eiro.lv"History of the Bank of Latvia ". Latvijas Banka.
Moedas miniatura|210x210px|Moeda dun lats de 1924. En 1922 puxéronse en circulación moedas de 1, 2 e 5 santims (bronce), e de 10, 20 e 50 santims (níquel). Nos anos seguintes completouse a serie coa introdución de moedas de prata de 835 milésimas con valores de 1 lats (1923), 2 lats (1925) e 5 lats (1929). As moedas de bronce e a de 5 lats foron deseñadas por Rihards Zariņš, e as de 1 e 2 lats son obra de Janis Tilbergs. A serie de cobre foi cuñada na ceca privada Huguenin Frères, de Le Locle (Suíza) e a de prata na Royal Mint, de Londres."Latvia • Old lats (1922-1940)". Numista.com
Entre 1937 e 1939 cuñáronse novamente os valores de 1 e de 2 santims, con novos deseños de Ludolfs Liberts. miniatura|211x211px|Anverso do billete de 20 lats de 1935."Latvia. 20 Latu. Latvijas Valsts Kases". Banknote.ws
Billetes O Banco de Letonia introduciu en distintas emisións, entre 1922 e 1939, papel moeda cos valores faciais de 20, 25, 50, 100 e 500 lats."Latvia. Latvijas Banka". Banknote.ws Pola súa banda, o Goberno letón puxo en circulación entre 1926 e 1927 unha serie de billetes de 5 e de 10 lats, e en 1940 unha nova serie composta polos valores de 5 e de 20 lats."Latvia: Latwijas Walsts / Latvijas Valsts". Banknote.ws
Segundo lats (1993–2013) Logo de restaurar a súa independencia en 1991, o lats foi reintroducido en Letonia o 5 de marzo de 1993, en substitución do rublo letón, que continuou circulando en paralelo e mantivo a súa validez ata o 30 de xuño de 1994, cunha equivalencia de 200 rublos por cada lats. O primeiro billete na nova denominación que se puxo en circulación foi o de 5 lats, e o derradeiro foi o de 500 lats, que non comezou a utilizarse ata o 20 de xullo de 1998.Vecinš, E. et al. (2002). Páxinas 61, 79, 81.
Finalmente, logo dun período de transición de dúas semanas de convivencia co euro, foi substituído pola moeda da Eurozona o 14 de xaneiro de 2014, cunha paridade dun lats por 1,4229 euros.
Ata a fin da súa circulación, o lats era a cuarta unidade monetaria cun valor nominal máis alto, despois do dinar kuwaití, do dinar bahreiní e do rial omaní. O billete de 500 lats foi o terceiro máis valioso do mundo, despois do billete de 10.000 dólares de Singapur e do billete de 1.000 francos suízos.Karaian, J. (2013). "One of the most valuable banknotes in the world is about to vanish". En Quartz. 31 de decembro.
Moedas miniatura|190x190px|Ademais das moedas circulantes, tamén hai emisións conmemorativas en ouro e en prata destinadas ao coleccionismo e ao investimento, como esta de 100 lats de 1998, cuñada na Casa da Moeda de Finlandia."100 Latu". Numista.com As moedas deste segundo lats cuñáronse cos valores faciais de 1, 2, 10, 20 e 50 santims, e de 1 e 2 lats. Paralelamente, comezaron a emitirse tamén outras series conmemorativas, dedicadas ao coleccionismo e ao investimento, en metais como o ouro e a prata."Latvia • New lats (1993-2013)". Numista.com
A moeda de 2 lats desa primeira serie circulante só se emitiu unha ocasión, en 1992; era de cuproníquel, pesaba 6 gramos e medía 24,35 mm de diámetro. A partir de 1999 foise substituíndo gradualmente na circulación por outra bimetálica, para dificultar a súa falsificación.Zebris, O.; Galzons, E. (1999). "Divlatniekus ar govs attelu vairs nedod apgroziba". En Diena. 22 de xaneiro.
A serie de moedas circulantes foi deñada por Gunars Lusis e Janis Strupulis, e as moedas foron cuñadas nas seguintes casas de moeda europeas: Bayerisches Hauptmünzamt (Alemaña), Staatliche Münzen Baden-Württemberg (Alemaña), Den Kongelige Mynt (Noruega), Monnaie de Paris (Francia), Suomen Rahapaja (Finlandia), Münze Österreich (Austria), Royal Mint (Reino Unido) e Real Casa de la Moneda - FNMT (España).
Esta é a derradeira serie de moedas en circulación antes da substitución do lats polo euro en 2014.Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 12-13. ImaxeFacialDatasAliaxeDiámetroPesoCantoDescriciónAnversoReverso110x110px1 santims1992-2008Fe-Cu15,65 mm1,60 gLisoEscudo de Letonia. LATVIJAS REPUBLIKA. Data.Ornamentos. Valor120x120px2 santims1992-200917,00 mm1,90 g130x130px5 santims1992-2009Lat-Ni18,50 mm2,50 g140x140px10 santims1992-200819,90 mm3,25 g150x150px20 santims1992-200921,50 mm4,00 g135x135px50 santims1992-2009Cu-Ni18,80 mm3,50 gEstriadoPóla de piñeiro. Valor.155x155px1 lats1992-200821,75 mm4,80 gLATVIJAS BANKA ?Salmón. Valor180x180px2 lats1999-2009Centro: Lat-Ni Aro: Cu-Ni26,30 mm9,50 gLATVIJAS BANKA ?Vaca. Valor. Ademais desta serie regular, entre 2001 e 2013 fóronse producindo anualmente emisións conmemorativas de carácter circulante da moeda dun lats, coas mesmas características da moeda dese valor correspondente á serie regular:Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 14-15. + Moedas dun lats conmemorativas circulantes2001200320042005155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px200620072008155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px200920102011155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px155x155px20122013155x155px155x155px155x155px155x155px As casas de moeda que produciron estas moedas conmemorativas foron: Suomen Rahapaja (Finalandia), Koninklijke Nederlandse Munt (Países Baixos), Royal Mint (Reino Unido), Münze Österreich (Austria), Staatliche Münze Berlin (Alemaña) e Staatliche Münze Baden-Württemberg (Alemaña).
Billetes Esta é a derradeira serie de billetes en circulación antes da substitución do lats polo euro en 2014. Todos os billetes teñen as mesmas dimensións (130 × 65 mm) e foron deseñados por Imants Žodžiks e Valdis Ošinš, e producidos pola compañía alemá Giesecke & Devrient.Lata naudas zimes. Lats Coins and Notes. 1993-2013. Latvijas Banka. Páxinas 6-11. ImaxeFacialDimensiónsCorDescriciónAnversoReversoAnversoReverso200x200px200x200px5 lats130 x 65 mmVerdeCarballoTalla de madeira200x200px200x200px10 lats1992 2000
2008PúrpuraRío DvináBroche letón (sakta)200x200px200x200px20 lats1992 2004
2007
2009MarrónCasa tradicionalTecido de liño200x200px200x200px50 lats1992 2010AzulVeleiroChaves (selo de Riga)200x200px200x200px100 lats1992 2006
2007VermelloKrišjanis BaronsCinto tradicional200x200px200x200px500 lats1992 2008GrisMuller letoaOrnamentos de latón
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ducmane, K.; Ozolina, A. (2013). Naudas Laiki Latvija (en letón). Lauku Avize. ISBN 978-9984-878-84-3 Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991. (18ª ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-150-1 Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9 Vecinš, E. et al. (2002). Nauda Latvija XX gadsimta: Katalogs I dala 2. sejums. Zvaigzne, Riga. ISBN 9984223450
Outros artigos
Economía de Letonia
Ligazóns externas
Banco Central de Letonia Vídeo: "The story of Latvia's "lats" currency" (Latvian Public Broadcasting)
Categoría:Moedas de Letonia Categoría:ISO 4217 Categoría:Moedas substituídas polo euro Categoría:Moedas fóra de curso