miniatura|galea, helmo dos lexionarios romanos miniatura|Helmo alemán dos séculos XII ou XIII Un helmo é un tipo de casco, unha parte da armadura deseñada para protexer a cabeza durante o combate.

Historia Os cascos están entre as formas máis antigas de equipos de protección individual e sábese que os acadios ou os sumerios os empregaron no século XXIII a.C., os gregos micénicos dende o século XVII a.C., os asirios arredor do 900 a.C., os antigos gregos e os romanos e ao longo da Idade Media e ata finais do século XVII. Os materiais e a construción foron máis avanzados a medida que as armas foron cada vez máis poderosas. Inicialmente eran construídos de coiro e latón, e logo de bronce e ferro durante as idades de bronce e ferro. Axiña se fixeron enteiramente de aceiro forxado en moitas sociedades despois do 950 d.C. Naquel tempo, eran puramente equipos militares, protexendo a cabeza de golpes con espadas, frechas voadoras e mosquetes de baixa velocidade. Os cascos de ferro despregáronse na cabalería do Imperio Malí para protexer os cabaleiros e a súa montura.

O uso militar de cascos diminuíu despois de 1670 e as armas de fogo remataron co seu uso por soldados a pé despois de 1700, mais na era napoleónica reintroducíronse os cascos de cabalería ornamentados para os cuirassiers e os dragóns nalgúns exércitos que continuaron a ser utilizados polas forzas francesas durante a primeira guerra mundial ata 1915.Heaumes Page

A Gran Guerra e o seu maior uso da artillaría renovaron a necesidade dos cascos de aceiro, sendo o casco francés Adrian e o casco británico Brodie os primeiros cascos modernos de aceiro empregados no campo de batalla, seguidos da adopción de cascos similares de aceiro, como o Stahlhelm, polas outras nacións en guerra. Tales cascos ofrecían protección á cabeza contra a metralla.

Os militares actuais adoitan empregar cascos de alta calidade feitos de materiais balísticos como o kevlar e o twaron, que ofrecen unha protección mellorada. Algúns cascos tamén teñen boas calidades de protección non balísticas contra ameazas como as ondas de choque provocadas polas explosións.

Moitos dos cascos de combate actuais adaptáronse aos modernos requirimentos de guerra e actualizáronse con guías STANAG para actuar como plataforma para montar cámaras e envoltorios VAS para a montaxe de lentes de visión nocturna (NVG) e dispositivos de visión nocturna monoculares (NVD).

A comezos do século XX, os cascos de combate a miúdo foron equipados con fundas para ofrecer unha maior camuflaxe. Houbo dous tipos principais de fundas: antes as redes de malla eran moi empregadas, mais a maioría dos cascos modernos empregan fundas de tea de camuflaxe.

A finais do século XX, a partir das décadas de 1970 e 1980, os novos materiais comezaron a substituír o aceiro como o material principal dos cascos de combate, nun esforzo por mellorar o peso, a protección balística e a protección contra as lesións na cabeza causadas por explosións. Esta práctica continuou no século XXI, con máis avances e perfeccionamentos nas fibras empregadas, deseño e forma do casco e maior modularidade. Os primeiros sistemas de cascos deste novo deseño foron o estadounidense PASGT, o español MARTE, o italiano SEPT-2 PLUS e o británico Mk6.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Modern military helmets Indian Armour Ballistic Helmet

Categoría:Armadura Categoría:Capacetes