O regato do Sobradiño nace no monte de Bande, por riba dos Casares e desemboca no regato de Quintela entre Casal de Abade e As Laceiras, atrás da Ponte do Cubo. Nel atópanse o pozo Mimón e os muíños de Caíde. O curso do regato atravesa os lugares de Sanguñedo e Casal de Abade.

Toponimia A orixe etimolóxica do topónimo Sobradiño non está de todo clara. Pode que sexa un fitotopónimo referido á sobreira (Quercus suber) ou masa arbórea de sobreiras (sobreiral). Outros autores sinalan que poder ser un tautotopónimo, nesta caso a orixe de Sobradiño viría da voz latina seperatu ou superatu que significa "altura" ou "que está sobre ou enriba". A evolución do termo sería a seguinte: Superatum -> Seperatu ou Superatu -> Superado -> Suberado -> Soberado -> Sobrado -> Sobradiño.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Parroquia de Sanguñedo Verea

Categoría:Regatos de Verea