O asalto ao Capitolio dos Estados Unidos de América foi un tumulto e ataque violento contra o 117.º Congreso do Capitolio dos Estados Unidos que ocorreu o 6 de xaneiro de 2021. Como parte das protestas de 2020–21 polas eleccións presidenciais, foi levado a cabo por unha recua de seguidores de Donald Trump, o 45º presidente dos Estados Unidos de América, nun intento marrado por reverter a súa derrota nas eleccións presidenciais de 2020. O asalto rematou coa evacuación e o peche do Capitolio e provocou cinco mortes.
Eventos Motivados á acción por Trump, milleiros dos seus seguidores reuníronse en Washington, D.C. o 5 e o 6 de xaneiro en apoio da súa falsa reclamación dunha fraude electoral en 2020, segundo a cal pedía que o vicepresidente Mike Pence e o Congreso rexeitasen a vitoria de Joe Biden.Múltiples fontes:
Na mañá do 6 de xaneiro, nun mitin de "Save America" en the Ellipse, Trump repetiu as afirmacións falsas de irregularidades electoraisMúltiples fontes:
President Donald Trump, , ABC News, 8 de xaneiro de 2021, minutes 10:55–11:06.
e instou á multitude a "loitar coma o inferno" ("fight like hell"). A instancias do presidente, milleiros de manifestantes camiñaron ata o Capitolio, onde unha sesión conxunta do Congreso estaba comenzando o reconto de votos do Colexio Electoral para formalizar a vitoria de Biden.
A multitude congregada no Capitolio, algúns dos cales xa se reuniran antes, violaron os perímetros da policía e irromperon no edificio. Estes alborotadores ocuparon, esnaquizaron e saquearon"Vandalized":
"Looted": partes do edificio durante varias horas.Múltiples fontes:
Moitos deles volvéronse violentos, agredindo a oficiais de policía e xornalistas do Capitolio, erixindo unha forca nos terreos do Capitolio, e tentando localizar lexisladores para tomalos como reféns e atacalos. Cantaron "Hang Mike Pence" (colgade e Mike Pence), culpándoo por non rexeitar os votos do Colexio Electoral, aínda que carecía da autoridade constitucional para facelo. Os asaltantes dirixiron os seus ataques á presidenta da Cámara de Representantes Nancy Pelosi, vandalizando e saqueando as súas oficinas, así como as doutros membros do Congreso.Múltiples fontes:
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Capitol riot arrests: See who's been charged across the U.S. — tracker database created and updated by USA Today What Parler Saw During the Attack on the Capitol (video archive from ProPublica)
Categoría:2021 Categoría:Historia dos Estados Unidos de América