David Higinio Oliveira Barreiro, nado en Vilagarcía de Arousa, é un político galego de Ciudadanos. Traxectoria Natural de Vilaxoán. Estudou dirección e administración de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como bateeiro. Fillo do político local Juan José Oliveira Lapido, militou dende novo en Independientes por Vilagarcía e logo entrou a formar parte de Ciudadanos, sendo o presidente da xestora que reactivou o partido na localidade en 2018. Nas eleccións municipais de 2019 o seu partido elixiuno para encabezar a candidatura ao concello de Vilagarcía de Arousa e entrou na corporación municipal como único concelleiro da súa formación.
Notas
Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Concelleiros de Vilagarcía de Arousa Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Nados no século XX
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes