British Pobjoy Mint ou, simplemente Pobjoy Mint, é unha casa de moeda privada localizada en Surrey, Inglaterra, que produce moedas circulantes e conmemorativas, medallas, fichas privadas e obxectos de investimento en metais preciosos, para diversos países do mundo."About us ". Pobjoy.com"The Pobjoy Mint". En Coin Week.

Historia A casa de moeda foi fundada en 1965 por Derek Pobjoy, quen adquiriu unha prensa monetaria logo de abandonar os negocios de construción e de xoiaría do seu pai, Ernest Pobjoy, para establecer unha ceca privada. As primeiras pezas cuñadas na incipiente ceca foron unha serie de medallas para conmemorar o pasamento de Winston Churchill no propio 1965, o ano do seu falecemento.Starck, J. (2015). "Pobjoy Mint celebrates 50 years of designing coins for collectors". En Coin World. 22 de xullo.

A partir de 1974, a ceca foise introducindo na produción e na comercialización internacional de selos postais e de moedas, findamentalmente de carácter conmemorativo, e hoxe coordina en exclusiva este tipo de emisións filatélicas e numismáticas de sete países, mioritariamente pertencentes á Commonwealth, e de territorios de soberanía británica: a Illa Ascensión, as Bahamas, o Territorio Antártico Británico, as Illas Virxes Británicas, as Illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e Tristan da Cunha)."Pobjoy Mint Stamp Division ". Pobjoystamps.com

Ademais, na súa condición de fabricante de xoias e insignias de metais preciosos, esmaltes e pedras preciosas, a Pobjoy Mint foi contratista da Coroa Británica e de diversas compañías de xoiaría londinienses.

En 1990, a filla do fundador, Taya Pobjoy, sucedeuno na xerencia da compañía. Pobjoy Mint ten a súa sede nunhas instalacións en Kingswood, nas proximidades de Londres e en 2015 contaba con 100 traballadores no seu cadro de persoal.

Innovación numismática Na década de 1970, a compañía desenvolveu unha nova aliaxe de características similares ás da alpaca, coñecida como Virenium, consistente nun 81 % de cobre, un 10 % de cinc e un 9 % de níquel. Esta aliaxe veuse utilizando para as moedas conmemorativas non circulantes a partir de 1978."Virenium". The British Museum."Virenium ® ". Pobjoy.com

En 1983, a Pobjoy Mint foi a creadora do noble da Illa de Man, unha moeda de investimento de platino que contén unha onza troy deste metal. Trátase da primeira moeda de investimento fabricada con platino fino, cunha pureza de 999,5 milésimas. A súa produción estendeuse durante seis anos, entre 1983 e 1989. O noble está dotado legalmente de curso legal aínda que, do mesmo xeito que o krugerrand de Suráfrica, o seu valor vén definido unicamente polo do seu contido en platino, e non posúe valor numismático.

Ademais, esta ceca foi recoñecida pola produción doutras moedas de prestixio, como o angel de ouro, tamén para a Illa de Man, entre 1984 e 2016. E en 1999, a Pobjoy Mint cuñou a primeira moeda do mundo de titanio, con valor facial de cinco libras, para Xibraltar.

Estados e gobernos Pobjoy Mint cuñou moedas circulantes, conmemorativas non circulantes e probas numismáticas por encarga de arredor do 20 % dos gobernos e bancos centrais do mundo, e ademais levou a cabo labores parciais baixo subcontratación de diversas casas de moeda nacionais. Paralelamente, produciu un bo número de medallas, destacadamenmte para Hong Kong, Malaisia e diversos estados árabes. A ceca produciu oitenta modelos de medallas para o Fondo Mundial para a Natureza.

Pobjoy Mint produciu moeda para os seguintes territorios do mundo:"Governments ". Pobjoy.com

20x20px Illa de Ascensión

20x20px Territorio Antártico Británico

20x20px Tristan da Cunha

Premios acadados Pobjoy Mint foi merecedor do Premio Moeda do Ano en 1986 e este foi seguido por outros premios internacionais:"Awards ". Pobjoy.com

Premio Moeda do AnoDesde 1984, a editora estadounidense Krause Publications concede o Premio Moeda do Ano, en dez categorías. Estes son os premios acadados por moedas cuñadas pola Pobjoy Mint.Scarinci, D. (2015). "introduction". En Coin of the Year: Celebrating Three Decades of the Best in Coin Design and Craftsmanship. Krause Publications. ISBN 978-1-4402-4476-6

2011: Moeda máis anovadora. 2 libras (prata) do BIOT, de 2009."Krause Publications Announces Coin of the Year Award Winners". En Coins Weekly. 17 de novembro de 2010. 2009: Moeda máis anovadora. 50 dólares (prata) das Illas Virxes, de 2007."COTY goes to Mongolia". En Numismatic News. 11 de febreiro de 2009. 2004: Moeda máis anovadora. 60 peniques (bimetálica) da Illa de Man, de 2002. 2003: Moeda máis inspiradora. 1 coroa (cuproníquel) de Xibraltar, de 2001. 2000: Moeda Máis inspiradora. 14 euros (prata) de Bosnia e Herzegovina, de 1998. 1999: Moeda máis inspiradora. 10 leone (prata) de Serra Leoa, de 1997. 1998: Mellor evento contemporáneo. 14 euros (prata) de Bosnia e Herzegovina, de 1996. 1995: Moeda máis popular. 1 coroa (cuproníquel) de Xibraltar, de 1993. 1992: Moeda do ano. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990. 1992: Mellor moeda de gran módulo. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990. 1992: Moeda máis anovadora. 1 coroa (cuproníquel) da Illa de Man, de 1990. 1992: Moeda máis popular. 1 coroa (prata) da Illa de Man, de 1990. 1989: Mellor moeda de gran módulo. 50 dólares (prata) das Illas Cook, de 1987. 1986: Mellor moeda de ouro. Angel (ouro) da Illa de Man, de 1984.

Premio Coin Constellation 2009: Premio á solución artística. 1 coroa (prata) da Illa de Man de 2008."1 Crown - Elizabeth I". Numista.com

Premio Children Society 1994: polo apoio e a participación de Pobjoy Mint na apelación Daily Mail Le Walk.

Premio Vreneli 1993: premio de Münzen-Revue pola destacada contribución á numismática.

Premios da American Numismatic Association Awards 1993: ANA Appreciation Award, pola destacada contribución á numismática. 1992: Medalla ao mérito, pola dedicación e o servizo á ANA.

Premio da Raíña á Exportación 1990: polos seus logros acadados na exportación.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Casa de moeda Cuñaxe

Ligazóns externas Sitio web da Pobjoy Mint Canle de Pobjoy Mint en Youtube

Categoría:Casas de moeda Categoría:Empresas do Reino Unido Categoría:Surrey