Jerry Lynn Ross, nado en Crown Point, Indiana, o 20 de xaneiro de 1948, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-61-B, STS-27, STS-37, STS-55, STS-74, STS-88 e STS-110.

Traxectoria Ross graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade Purdue en 1970 e é máster na mesma materia pola mesma universidade en 1972. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-61-B, STS-27, STS-37, STS-55, STS-74, STS-88 e STS-110 e pasando un total de 58,04 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos STS-61-B STS-27 STS-37 STS-55 STS-74 STS-88 STS-110

Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Indiana