miniatura|300px|Cuarta cromática: lamento baixo baixo en Dm (D–C–C()–B–B–A). Cromatismo é un termo musical que fai referencia ao uso das notas intermedias da escala ou semitóns, que na música diatónica permanecen "fixos" na súa posición: mi-fa, si-do. O cromatismo afecta á estrutura melódica e dá lugar ás chamadas notas alteradas (bemol, sostido), que teñen importancia como efectos expresivos.

Etimoloxía O termo "cromatismo" vén do latín chromatĭcus e este á súa vez do grego χρωματικός [kromatikós] e significa literalmente "efecto da cor".

Historia Os romanos analizaban os xéneros usando poucos termos, entre eles diatónico, enharmónico e cromático, sendo o último coa cor entre os tres outros tipos que foron considerados como modos a cor. O xénero cromático contiña unha terceira menor na parte superior e dous semitóns na inferior creando unha cuarta xusta nos extremos. Con todo, o termo máis próximo usado polos gregos para o noso uso moderno de «cromático» é pyknon ou a densidade («condensación») dos xéneros cromáticos ou enharmónicos.

A medida que a tonalidade comezou a expandirse durante a segunda metade do século XIX, con novas combinacións de acordes, tonalidades e harmonías que se empregaban, a escala cromática e o cromatismo comezaron a usarse máis frecuentemente, en especial nas obras de Richard Wagner, tales como a ópera Tristan und Isolde. O incremento do cromatismo é a miúdo citado como unha das principais causas ou signos da «creba» da tonalidade, na forma da cada vez maior importancia do uso de:

Mestura de modos ou intercambio modal. Tonicalización de cada nota cromática e outras áreas de tonalidades veciñas (Intro-modulación).

Tal como sucede con outras organizacións xerárquicas do espazo cromático como os de George Perle, a harmonía tonal continuou estendéndose pese ao crebe, a escala cromática seguiu sendo parte da base da música moderna no dodecafonismo, onde unha serie dodecafónica é unha ordenación específica da escala cromática, e do posterior serialismo. Aínda que estes estilos/métodos continúan (re)incorporando a tonalidade ou elementos tonais, a miúdo as tendencias que levaron a estes métodos foron abandonadas, por exemplo a modulación.

Susan McClary argumenta que o cromatismo na narrativa da ópera e a forma sonata pode ser mellor comprendida como o «outro», racial, sexual, socialmente ou outros, do propio diatonismo "masculino". Fose a través da modulación, como a unha área de tonalidade veciña, ou outros medios. Por exemplo, Clement chama ao cromatismo na Isolde de Wagner "cheiro feminino". Con todo, McClary tamén anota que as mesmas técnicas usadas na música para representar a tolemia na muller representan historicamente a vangarda na música instrumental, "na sinfonía do século XIX, o atrevido cromatismo da ópera Salomé de Richard Strauss é o que distingue unha composición realmente seria da vangarda dun traballo feito de clixés recortados".

Tipos David Benavente (1994) describe tres formas de cromatismo:

Modulación Acordes tomados de tonalidades secundarias (Intercambio modal e tonicalización) Acordes cromáticos tales como acordes de sexta aumentada (véxase Substitución Tritonal)

Lista de acordes cromáticos: Acordes de sétima de dominante de tonalidades veciñas, usadas para modular a esas tonalidades (cadencias V7-I). Acordes de sexta aumentada. Acordes de sexta napolitana como subdominantes cromáticas. Acordes de sétima diminuída como VII7 cromáticas. Acordes alterados Acordes expandidos

Outros asuntos cromáticos: O modo menor nas tonalidades maiores (mestura de modos ou intercambio modal )

Notas

Véxase tamén Bibliografía Brown, Matthew: «The Diatonic and the Chromatic in Schenker's 'Theory of Harmonic Relations'». Journal of Music Theory, 30 (1):1-33, 1986. Shir-Cliff, Justine et al.: Chromatic Harmony. The Free Press, 1965. Outros artigos Cromatismo de terceira Alteración musical Escala diatónica Tetracordo Funcións tonais Ligazóns externas «Passus duriusculus» en Bach-Cantatas.com

Categoría:Terminoloxía musical