A Casa Sumelius (en finés Sumeliuksen talo) é un inmoble residencial e comercial de estilo Art Nouveau da cidade de Tampere, Finlandia. O edificio está situado no centro da cidade, no extremo leste de Keskustori no barrio de Nalkala. O edificio foi deseñado polo estudo de Grahn, Hedman & Wasastjerna e a súa construción finalizouse en 1901. O empresario Gösta Sumelius realizou o encargo do novo edificio.

Orixinalmente o segundo andar do edificio tiña balcóns, que foron retirados. Outra modificación tivo lugar en 1928, cando se modificou a fachada sobre un deseño de Birger Federley. A última renovación da Casa Sumelius realizouse na década de 1990, cando se engadiron bufandas.

Estilisticamente o edificio contén elementos do período de transición entre o Revivalismo, por exemplo nas liñas regulares e simétricas, e o Art Nouveau, cos motivos ornamentais de animais.

Notas

Categoría:Edificacións de Tampere