Sitapha Alfred Savané Sagna, nado en Dakar o 20 de agosto de 1978, é un ex xogador de baloncesto senegalés e español. Foi membro da selección de baloncesto do Senegal. A súa carreira profesional desenvolveuse en España, a maioría dela na Liga ACB.

Traxectoria Savané formouse na Academia Naval da NCAA norteamericana, onde permaneceu tres tempadas. Ó rematar a súa etapa universitaria deu o salto ó baloncesto español, fichando polo Menorca Bàsquet na liga LEB, dende onde pasou ó Tenerife durante tres tempadas, as dúas primeiras na liga LEB e a última en ACB co Unelco Tenerife.

Na tempada 2004-05 ficha polo CB Gran Canaria, club no que fica oito anos seguidos, alcanzando a capitanía do club e varios récords do equipo. Na tempada 2011-12 deslígase do CB Gran Canaria."Me voy pero sigo jugando al basket porque no he perdido la ilusión" Unhas semanas máis tarde incorpórase ó Club Joventut de Badalona, tamén na Liga ACB. Pasa tres tempadas no Joventut de Badalona, salientando a campaña 2014-15, onde finalizou en segundo lugar na clasificación de máximo taponador (1,58), ademais ter unha media de nove puntos e tres rebotes por encontro. Ó rematar devandita tempada, non renova o seu contrato e volve ó CB Gran Canaria para a tempada 2015-16. Logo dun ano en Gran Canaria ficha polo Movistar Estudiantes.

Ao remate da tempada 2017-18 anunciou a súa retirada, sendo nese intre o xogador non nado en España que máis partidos xogou na liga ACB. No momento da súa retirada capturou 2015 rebotes na ACB, cun termo medio de 4,13 rexeitamentos por partido, encontrándose entre os 50 xogadores máis reboteadores da Liga. Con 499 tapóns, converteuse no quinto taponador histórico da Liga.

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto do Senegal Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Menorca Bàsquet Categoría:Xogadores do Tenerife CB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria