O Premio Numismático Ya'akov Meshorer (en hebreo: פרס יעקב משורר לנומיסמטיקה; en inglés: Ya'akov Meshorer Numismatic Prize) é un recoñecemento outorgado pola sección de arqueoloxía do Museo de Israel, en Xerusalén, en lembranza do que fora o seu conservador xefe ata 2000, Ya'akov Meshorer."The Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem.

O premio, sen unha periodicidade definida, está destinado a académicos, historiadores, numismáticos, organizacións, etc., que destaquen polas súas investigacións no ámbito da numismática.

O Premio Numismático Ya'akov Meshorer foi establecido en 2001 grazas ás contribucións de colaboradores co Museo de Israel, entre os que destacan Abraham e Marian Sofaer, Maud e Arnold Spaer, Jeannie e David Hendin.

Galardoados Estes son os numismáticos recoñecidos co Premio Numismático Ya'akov Meshorer desde a súa fundación:

(2002): Andrew Burnett. (2006): Michel Amandry. (2008): Michael Metcalf. (2013): Alla Kushnir-Stein."Kushnir-Stein Receives Meshorer Numismatic Prize". En Coins Weekly. 14 de febreiro de 2013.Gitler, H. (2013). "Prof. Alla Kushnir-Stein Receives Meshorer Numismatic Prize ". En Electronic INC News Letter. Nº 14. Febreiro. Páxina 15. International Numismatic Commission. (2017): Catharine C. Lorber."The 2017 Ya'akov Meshorer Numismatic Prize". The Israel Museum, Jerusalem. Setembro de 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ya'akov Meshorer Museo de Israel

Ligazóns externas Sitio web do Museo de Israel

Categoría:Premios de numismática Categoría:Premios de Israel Categoría:Museo de Israel