Béthune (en picardo Bétheune) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia.

Con 25 193 habitantes en 2018 é unha vila relativamente importante, a 7ª localidade do departamento e a 25ª da rexión en poboación pero sobre de todo é o centro dunha importante aglomeración urbana de case 355 000 habitantes que se distribúen en 93 concellos que forman a 3ª aglomeración urbana da rexión e a 17ª de Francia. Situada entre os outeiros do Artois e as planicies do Lys, a bisbarra benefíciase de terras agrícolas vizosas, o que lle permite unha presenza constante da agricultura. Xunto con Lille e mais as vilas da antiga bacía mineira de Nord-Paso de Calais constitúe a área de metropolitana de Lille con 3 800 000 de habitantes.

Ao final da primeira guerra mundial a vila resultou parcialmente destruída e houbo de se reconstruír; durante a segunda guerra mundial ocupárona os alemáns e quedou de novo danada.

Xeografía Localización Béthune sitúase na rexión histórica da Picardía e na antiga provincia do Artois, no norte de Francia, a 17 km de Lens e a 28 de Arras. Edificouse sobre un promontorio que se eleva 42 metros de altitude dende un montículo de arenito. Ao norte da vila, co "Bas-Pays de Béthune" comeza a planicie do Lys, a parte meridional da extensa planicie de Flandres e ao sur o extremo da bisbarra do Gohelle arreda Béthune dos primeiros outeiros do Artois.

Béthune limita ao norte con Essars ao leste con Beuvry ao sueste con Verquigneul ao sur con Verquin ao suroeste con Fouquières-lès-Béthune ao oeste con Fouquereuil e ao noroeste con Annezin.

Xeoloxía A altitude do concello sitúase entre os 18 e os 42 metros nun terreo patelo ao sur da planicie de Flandres, no límite coa planicie do Lys, antes das primeiras reborondas do Artois e nun subsolo calcario. Unha lomba de area terciaria descansa sobre ese subsolo entre Béthune e Beuvry.

Béthune está no límite da bacía mineira do Nord-Paso de Calais, ao noroeste dos centros de explotación do carbón. No pasado tamén se explotou a cuarcita en toda a rexión, de Béthune a Valenciennes. Os bancos de arenito da rexión próxima de Douai utilizáronse para a fabricación de lastras para a rexión.

Hidrografía O Lawe, afluente do Lys e subafluente do Escalda, rega coas súas augas Béthune. Augas abaixo da localidade, a partir do lugar coñecido como « Argent-Perdu » o Lawe canalízase cara ao Lys ao que se xunta en La Gorgue. O nordés do concello limita coa canle Aire-sur-la-Lys-La Bassée que constitúe un elo da conexión fluvial da Dunkerque-Escalda.

Noutro tempo contornaban Béthune zonas húmidas que se drenaron gradualmente para uso agrícola.

Clima O clima é oceánico temperado como no resto do departamento, mais a súa localización a 80 km da fachada marítima faino lixeiramente máis continental ca o da costa, cunhas amplitudes térmicas moderadas pero un pouco máis grandes ca na costa e uns invernos lenes con tempo inestable. As precipitacións sitúanse en 745 mm ao ano e a temperatura média é de 10,8 °C.

Comunicacións Rede viaria miniatura|Saída 6 da A26 que dá servizo a Béthune. Béthune está conectada coa autoestrada A26 Troyes - Calais vía Reims e Arras, coñecida popularmente como a "autoestrada dos ingleses" e que a sitúa a 30 minutos de Arras e 40 de Lille.

A vila está igualmente no traxecto de varias antigas rutas nacionais, a RN 41 que conecta Saint-Pol-sur-Ternoise con Lille, a RN 43 que vai de Sainte-Ruffine (Metz) a Calais e a RN 37 de Château-Thierry a Saint-Venant. Estas tres vías clasificáronse como rutas departamentais, as dúas primeiras en 2006, como D 941 e D 943, e a terceira en 1972 como D 937.

Transporte colectivo miniatura|Autobús de Tadao na estación de Béthune As liñas de autobús de Tadao, que cobre un territorio de 750 km2 con 610 000 habitantes, aseguran os desprazamentos nas aglomeracións de Béthune e Lens. A rede, que explota a sociedade Transdev, realiza 60 000 validacións por día.

Prestan servizo na localidade dúas liñas de tránsito rápido: a liña Bulle 2 (Houdain ou Barlin − Beuvry) e a liña Bulle 4 (Annezin − Hospital de Beuvry). Unha parte destas liñas transitan por carrís propios, especialmente no barrio de Mont-Liébaut e nas proximidades da estación. miniatura|esquerda|A estación de ferrocaril de Béthune Rede ferroviaria

Béthune sitúase na intersección de dúas vías férreas. Pola vía férrea Arras - Dunkerque, seis TGV de ida e volta no traxecto París-Dunkerque paran na estación de Béthune, situándoa a 1 h 20 minutos da capital francesa. A vía férrea que une Saint-Pol-sur-Ternoise con Lille permítelle a Béthune estar ligada a Lille vía TER así como con Boulogne-sur-Mer por medio de Saint-Pol-sur-Ternoise. No século XIX existiu unha segunda estación, co nome de Béthune-Rivage e situada na antiga liña de Béthune a Lille.

Urbanismo Morfoloxía urbana miniatura|A praza de Lamartine. As primeiras ocupacións humanas no lugar constátanse no barrio de Catorive, ao norte de Béthune, na época merovinxia. Mais o centro histórico establécese máis cara ao sur e ao longo da Idade Media organizouse no seo das murallas, arredor da praza principal e do beffroi. Ao se sumprimir as murallas no século XIX a vila desenvolveuse na zona rural circundante dando lugar aos barrios de Catorive, Rivage, Lille, Arras e de Saint-Pry e xorden zonas de paseo de lecer ao redor de novas prazas, a de Lamartine ao norte, a do xeneral de Gaulle ao nordés, a do mariscal Joffre ao leste e a Sévigné ao suroeste.

O barrio dos Cheminots, unha cidade xardín ao sur do centro e a Cité du 8ter desenvolvéronse despois da primeira guerra mundial. Construíronse vivendas para os inmigrantes, principalmente polacos, que chegaron pola falta de man de obra francesa despois da guerra.

O abandono da explotación do carbón levou a unha reconversión industrial e ao desenvolvemento dun novo barrio, o Mont Liébaut, creado en 1960 como zona prioritaria de urbanización, e que se expandeu ao longo das décadas de 1960 e 1970. En 1996 por decreto clasificouse como zona urbana sensible e asemade zona de revitalización urbana.

Espazos verdes miniatura|Fonte do xardín público Varios espazos verdes participan da infraestrutura verde e azul na cerna da vila, ao sur da Grand-Place está o xardín do Teatro, o xardín público, o parque Beuvry, o parque J.-J.-Rousseau, o parque do Perroy e ao norte o parque Quai-de-Halage, o parque do Loisne. Ao sur da estación está o parque das Terrasses de la Rotonde, ao suroeste do concello as brañas do Lawe e ao leste o bosque de Croquet.

Vivendas En 2017 Béthune contaba con 14 103 vivendas, e delas 11974 constituían residencias habituais, o que representaba o 84,9 % do total. As residencias secundarias e ocasionais sumban 165 mentres as vacantes elevábanse ata as 1963, o 13,9 %. Sobre o conxunto das vivendas, 7105 eran individuais, o 50,4 %, e 6856 localizábanse en inmobles colectivos, o que supuña o 48,6 %.

Toponimia O nome da localidade aparece por primeira volta como Bitunia nunha moeda merovinxia do século VIII; Betuna documéntase en 1121 na carta de Boubourg, Bethua no cartulario de Saint-Omer de 1127 e ao longo dos séculos XII e XIII alternaron con formas como Bethunia, Betunes, Bethenes, Biethune ou Bethunes. No século X Béthune estaba no límite meridional da zona de fala flamenga occidentale nesa lingua a localidade coñécese como Betun.

Historia En Béthune atopáronse puntas dentadas en óso e hasta de cérvido, datadas arredor do 10 000 a. C. no Paleolítico. Encontráronse tamén achados do Mesolítico e da Idade de Bronce no concello veciño de Beuvry. Existen tamén vestixios da época galo-romana e dunha vila señorial no lugar denominado Château Brunehaut.

Idade Media Alta Idade Media Os primeiros vestixios de habitación humana datan dos séculos VI e VII. Contra o ano 502, Vedasto de Arras, bispo de Arras e evanxelizador do Artois mandou edificar unha igrexa dedicada á Virxe na confluencia do Lawe e o Blanche, no lugar denominado Catorive que se consagrou no século X a San Vedasto (Vaast en neerlandés e picardo). Na época de Carlomagno a rexión de Béthune contaba con entre 4 e 5 000 habitantes.

O señorío de Béthune O señorío de Béthune menciónase nos rexistros por primeira volta no ano 940, situado no noroeste da antiga civitas dos atrebates probablemente quedou sometido á autoridade dos condes de Flandres despois do reinado de Arnulfo o Grande e ata o século XIV . A primeira mención do castelo de Béthune é do ano 970.

Os señores de Béthune era, a título hereditario, advocatus da abadía de Saint Vaast de Arras que utilizaban so a forma de advocatus de Béthune. Dende o século XI, os señores de Béthune tiveron as mesmas funcións de castelanía que os outros casteláns flamengos, e ademais semella que eran tamén os señores de Warneton e mais de Cassel.

O primeiro advocatus de Béthune coñecido é Roberto de Béthune que gobernou a finais do século X e principios do XI e posuía a maioría do señorío de Richebourg, ao nordés de Béthune. En 1093 unha primeira epidemia de peste fixo estragos na vila e en 1096 Adam de Béthune participou na primeira cruzada. En 1137 un incendio destruíu gran número de casas, aínda contruídas en madeira. De novo en 1188 de novo unha epidemia de peste afectou ao lugar. Roberto IV, por mor da paz de Arras (1191), converteuse en vasalo do rei de Francia polos seus dominios de Béthune e Richebourg, mais permaneceu como vasalo do conde de Flandres polo de Warneton. En 1197 os veciños da localidade defendéronse contra dun exército flamengo; nesta época o burgo, con 25 hectáreas, estaba fortificado cunha pequena muralla. En 1222 reconstruíuse o castelo e rodeouse de murallas e en 1238 reforzáronse as fortificacións da vila e edificáronse sete grandes torres, converténdose nunha das prazas mellor defendidas do Artois.

En 1245 o conde de Flandres, Guido casou con Matilda de Béthune, filla de Roberto VII e ao este morrer sen fillos varóns en 1265 os seus dominios pasaron ao herdeiro de Guido e Matilda, o futuro Roberto III de Flandres. En 1297 Guido aliouse con rei inglés Eduardo nun desafío ao rei francés Filipe e este respondeu coa anexión de Flandres ao dominio real, neste contexto bélico Béthune, situada polos exércitos reais, foi a primeira vila do Artois en se someter ao rei francés malia ser o herdeiro do conde de Flandres o seu señor.

Dominio francés Á morte de Guido en 1305 os franceses liberan ao seu herdeiro, Roberto III que polo tratado de Athis, tamén dese ano, deu en garantíaBéthune, canda Lille e Douai, ao rei francés. Ao casar o segundo fillo do rei Filipe de Poitiers coa filla da condesa Matilde de Artois e o dote desta princesa establecida no Franco Condado excedía a cifra da renda que se conviñera, o rei, como compensación, entregoulle a castelanía de Béthune a Matilde en 1311. En 1312 asinouse o tratado de Pontoise polo que o sur do condado de Flandres, onde se atopaba Béthune malia o tratado non o mencionar, pasou a dominio real francés. En 1329 coa morte de Matilde o condado de Artois, e con Béthune, pasou a Xoana II de Borgoña.

Ao longo da Guerra dos Cen Anos (1337-1453) a vila sufriu varios ataques flamengos que os habitantes rexeitaron. En 1383 herdou o condado de Borgoña Lois II de Flandres pero en 1388 o señorío de Béthune pasou a Guillerme de Namur quen outorgou unha carta á vila e permitiulles os habitantes de Béthune a construción dun beffroi de pedra con dereito de sino e prisión. O primeiro construírase en madeira en 1346 e quedara destruído por un lume e o novo realizouse en arenito en 1388. En 1447 un segundo incendio provocou graves danos nunha parte do edificio.

miniatura|Béthune en 1500 Idade Moderna Domino dos Habsburgo miniatura|esquerda|Béthune en 1545 miniatura|Plano neerlandés de Béthune de 1710