Ceneo foi un personaxe mitolóxico ó que Poseidón converteu de muller en home, despois de tela violado.
Era fillo do lápita Élato Os lápitas foron os poboadores da Tesalia (Grecia), próximo ó Monte Olimpo.. E foi pai de Corono, que reinaba nos lápitas en tempos de Heracles: expulsou ós dorios e o rei, Eximio, pediu axuda a Heracles e grazas a el venceu a Corono e recuperou o reino.
Naceu como muller, baixo o nome de Cenis (ou Cene ou Célide), pero foi violada por Poseidón cando estaba bañándose nunha illa deserta. Despois, Poseidón prometeulle concederlle o que quixera, e ela pediulle ser home para que nunca tivese que volver a sufrir semellante aldraxe Ovidio: Metamorfosis XII, 195-203.. Poseidón accedeu e non só a converteu en home senón que lle concedeu a invulnerabilidade grazas a unha pel impenetrable. A partir de entón, convertido nun gran loitador, pasou a chamarse Ceneo.
Ceneo participou na expedición dos Argonautas Grimal, s. v. Ceneo., se ben obsérvase unha contradición nos textos mitográficos: na relación que proporciona Pseudo-Apolodoro cítase a "Ceneo, fillo de Corono" Pseudo-Apolodoro I, 9, 16., mentres que Hixino menciona a "Corono, fillo de Ceneo" Fábulas 14, 3. aínda que máis adiante volve a citalo como "O outro Ceneo, fillo de Corono" Fábulas 14, 23.. Tamén foi un dos integrantes da partida de caza do xabaril de Calidón Hixino 173, 3; Ovidio VII, 305 ("Ceneo, que xa non era muller"); pero Pseudo-Apolodoro non o cita (I, 8, 2)..
miniatura|esquerda|Dous centauros cravan no chan a Ceneo (relevo en bronce do Período Arcaico, Museo Arqueolóxico de Olimpia)
A pesar de ser invulnerable, terminou morrendo a mans dos centauros na guerra aberta entre estes seres e os lápitas. Tras matar a moitos deles, e como os centauros non conseguían matalo, recorreron a golpealo con troncos de abeto e, finalmente, enterrárono vivo. Unha vez morto, volveuse transformar en muller "...e Céneo, mozo un día e hoxe muller de novo, volta á súa antiga figura por obra do destino" (Ovidio: Eneida VI, 448).. Outra tradición conta que escapou convertido nunha ave, nun flamengo.
Outra tradición di que, ao verse convertido en home, sentiuse tan orgulloso que cravou unha lanza no centro da praza pública e esixiu que se lle rendise culto como se fose un deus. Zeus castigouno facendo que fose atacado e morto polos centauros.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega Categoría:Homes na mitoloxía grega