Gerald F. Hoyt (29 de xaneiro de 1929 - 11 de xullo de 1955) foi un piloto estadounidense de Chicago, competiu principalmente no Campionato Nacional. Morreu en 1955 despois de estrelarse nunha carreira de automóbiles Sprint en Oklahoma City.
Indy 500 Nas 500 Millas de Indianápolis de 1955 Hoyt sorprendeu a moitos, incluído a si mesmo, ao acadar a pole (primeira posición inicial) nas cualificacións. A súa velocidade media de 225´38 quilómetros por hora foi nese momento a segunda máis rápida na pista.Speedway Gamble: Hoyt risked wind, won pole position United Press, 25 de maio de 1955. Retrieved 11 de maio de 2014. Non obstante, unha fuga de combustible obrigouo a retirarse da carreira despois de 40 voltas. Como as 500 formaba parte do Campionato Mundial da FIA daquela, Hoyt acreditado como o pole sitter máis novo da historia da Fórmula 1 ata ese momento. Nas súas catro carreiras no circuíto, nunca completaría máis de 130 voltas na carreira de 200 voltas.
Morte En xullo de 1955, dous meses despois de lograr a pole en Indianápolis, Hoyt participou nunha carreira de sprint car en Oklahoma City. Na primeira volta, o seu coche entrou en contacto cun valado, provocando o seu envorco. Os coches da época proporcionaban pouca proteción á cabeza do piloto e Hoyt morreu á mañá seguinte por lesións cerebrais. Casáraase só dúas semanas antes.Jerry Hoyt dies after crash in Oklahoma City Associated Press, 11 de xullo de 1955. Retrieved May 11, 2014.
Está enterrado no Cemiterio de Crown Hill en Indianápolis.
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
AnoCocheSaídaCual.Ranq.FinalVoltasLíderRetirada19508115129.52031211250Bandeira final1953557135.73124231070Temperatura19549930137.82527261300Motor1955231140.0451031400Fuga aceiteTotais4020
Saídas4Poles1Primeira liña1Vitorias0Top 50Top 100Retiradas3
Aínda que Hoyt comezou a carreira de 1955 desde a pole position, a súa velocidade de clasificación foi a décima por detrás do clasificado máis rápido Jack McGrath. Este é o rango de velocidade máis baixo dun pole siters na era moderna de Indianápolis.
Resultados completos na Fórmula 1 (Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Ludson Morris Kurtis Kraft Offenhauser L4 GBR MON 500 SUI BEL FRA ITA NC 0 Pat Clancy Ewing Offenhauser L4 SUI 500 BEL FRA GBR ALE ITA ESP NC 0 John Zink Kurtis Kraft Offenhauser L4 ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUI ITA NC 0 Hoosier Racing Kurtis Kraft Offenhauser L4 ARX 5008 † BEL FRA GBR ALE NC 0 Jim Robbins Stevens Offenhauser L4 ARX MON 500 BEL NED GBR ITA NC 0 * Indica unidade compartida con Andy Linden e Chuck Stevenson † Indica unidade compartida con Paul Russo
Resumo da súa carreira no Campionato Mundial de F1 As 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial da FIA desde ata . Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Jerry Hoyt participou en 4 carreiras do Campionato do Mundo, comezando na pole unha vez pero sen puntuar no Campionato do Mundo.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Pilotos das 500 Millas de Indianápolis Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición