Trecén (ou Trizina) é unha vila situada ó oeste do Peloponeso, ó norte do golfo Argólico. Actualmente pertence ó concello de Trizinia-Metana. Historia

Na Antigüidade, Trecén era unha cidade da Argólida e aparece citada en numerosos eventos da mitoloxía grega. Así, está consideraba como a cidade natal do heroe Teseo.

O lugar foi cambiando de nome ó longo dos tempos: Orea, porque o primeiro rei se chamaba Oros; ou Altepia, derivado do rei Altepo, fillo de Poseidón e de Leida (filla de Oros).

Poseidón e Atenea competiron pola titularidade da cidade, pero Zeus impúxolles ser titulares conxuntamente do territorio. Así, nas moedas antigas da cidade aparece un tridente xunto á cabeza de Atenea.

miniatura|280px|esquerda|Moeda de 325-300 a.C.

Pélope e Hipodamía tiveron dous fillos, Piteo e Trecén, que se repartiron o reino con Aetio, fillo dun antigo rei que fundara novas cidades, pero pronto eliminaron a antiga dinastía reinando en cadansúa cidade. Cando morreu Trecén, Piteo uniunas nunha soa cidade de nome Trecén en honor ó seu irmán.

Piteo tivo unha filla, Etra, coa que xaceu Exeo, rei de Atenas, e tiveron un fillo, Teseo. Pero cóntase que a mesma noite en que se uniron Etra e Exeo, ela foi, inspirada por Atenea, a ofrecer un sacrificio na illa veciña, e alí foi violada por Poseidón, acto polo que procreou a Teseo.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Cidades de Grecia