Laura Milagros Castro Souto, nada en Madrid en 1980, é unha enxeñeira informática profesora e investigadora na Universidade da Coruña.

Traxectoria Laura Castro estudou enxeñería informática na Universidade da Coruña, e posteriormente doutorouse en Informática pola mesma universidade. Realizou varias estadías en Houston e en Göteborg. Na actualidade é coordinadora do Grao en Enxeñaría Informática, e investiga a validación automática de software, liderando a participación da UDC en varios proxectos europeos.

Desde os tempos de estudante , como integrante de GPUL (Grupo de Usuarios e Programadores de Linux), o software libre figura entre as súas inquedanzas, publicando as ferramentas que son  resultado das súas investigacións en repositorios abertos como GitHub.

Está involucrada en iniciativas que promoven a presenza das mulleres na enxeñería e colabora na revista Revirada Feminista.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en Mancomún

Categoría:Enxeñeiros de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades da informática