Scolopendra gigantea é unha das especies de quilópodos máis grande do xénero Scolopendra, cunha lonxitude de até 30 centímetros. Esta especie habita en varios sitios en América do Sur e o Caribe, onde depreda unha ampla variedade de animais, incluíndo outros artrópodos grandes, anfibios, mamíferos e réptiles.
Distribución e hábitat É unha especie orixinaria de América do Sur. Os países nos cales se verificou a presenza da especie inclúen Aruba, Brasil, Curaçao, Colombia, Venezuela (incluíndo a illa Margarita) e Trinidad. Os rexistros da especie en San Tomé, Illas Virxes, Haití, a República Dominicana, México, Porto Rico e Honduras son considerados introducións accidentais.
Scolopendra gigantea pode atoparse na selva tropical ou subtropical e no bosque seco tropical.
Notas
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Artrópodos do Caribe Categoría:Artrópodos de América do Sur