A Estación da Forza Espacial de Cabo Cañaveral (CCSFS, polas súas siglas en inglés Cape Canaveral Space Force Station) é unha instalación da 45.ª Ála Espacial (45 SW, do inglés Space Wing) da Forza Espacial dos Estados Unidos, con sede na próxima Base da Forza Espacial Patrick. Localizada en cabo Cañaveral no estado de Florida, a CCSFS é o principal lugar de lanzamentos de mísiles do rango leste. A base Patrick proporciona os cuarteis xerais e as funcións de apoio para o 45 SW, así como un aeródromo, liderado loxístico no aire e as funcións de apoio completo propias dunha base da forza aérea. Ademais das instalacións na base Patrick, a CCSFS tamén ten o seu propio aeródromo separado, o Cape Canaveral AFS Skid Strip, que proporciona unha pista de 10 000 pés (3 km) próxima ós complexos de lanzamento para o uso de avións militares que leven as enormes e pesadas cargas útiles ata o cabo.

Ademais, a CCSFS está situada xunto ó Centro espacial John F. Kennedy da NASA na illa Merritt, coas dúas instalacións conectadas por pontes e pasos elevados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Cape Canaveral Air Force Station Virtual Tour "Cape Canaveral Lighthouse Shines again" feature article and video interview about the lighthouse Aviation: From Sand Dunes to Sonic Booms, a National Park Service Discover Our Shared Heritage Travel Itinerary

Categoría:Cosmódromos Categoría:Florida