Carlos Carrizosa Torres, nado en Barcelona o 22 de marzo de 1964 é un político catalán, deputado no parlamento de Cataluña en representación do partido político Cidadáns.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Barcelona, é membro do Colexio de Avogados de Barcelona. En 1994, abriu un bufete de avogados coa que, daquela, era a súa parella.

É membro de Ciutadans - Partit da Ciutadania no Parlamento de Cataluña, dende que se uniu ao partido en 2006 desde o seu sector de avogados, onde estableceu amizades con Albert Rivera e José María Espejo-Saavedra. En 2007, ingresou no comité executivo da formación, cargo que ocupou ata 2009 e que recuperou en 2011. Ese mesmo ano foi o número dous da lista por Barcelona nas eleccións municipais sen obter representación e, un ano despois, foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2012.

Como deputado, foi viceportavoz de C's no Parlamento de Cataluña, onde foi o representante do partido na comisión do caso Pujol e no informe parlamentario sobre a lei electoral. Desde a XIª lexislatura foi o voceiro do grupo de Cidadáns na cámara. Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017 foi reelixido deputado por Ciutadans, partido que obtivo 36 escanos. Ideoloxicamente, defínese a si mesmo como un reformista de centro dereita, defensor dun liberalismo progresista.

En maio de 2018, o presidente do Parlamento, Roger Torrent, suspendeu un pleno debido a que o deputado Carrizosa retirou un lazo amarelo dun asento. O seu partido, ignorando as primarias de xullo de 2019 nas que foi elixida Lorena Roldán, nomeouno como candidato á presidencia da Generalitat para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021.

Vida persoal É afeccionado á paleontoloxía e coleccionista de cómics. Está separado e é pai de tres fillos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha no Parlamento de Cataluña

Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona