Unión Asturianista foi unha coalición electoral formada en Asturias en novembro de 2004 para aglutinar baixo unhas mesmas siglas as forzas rexionalistas e nacionalistas asturianas. Estivo formada polo Partíu Asturianista (PAS) e a Unión Renovadora Asturiana (URAS). A súa presidencia estivo formada polos dirixentes de ámbolos dous partidos, Xuan Xosé Sánchez Vicente do PAS e Sergio Marqués de URAS (que foi Presidente do Principado, como militante do Partido Popular, ata que abandonou a disciplina deste partido nacional, do que foi expulsado). Entre ambos alternáronse o candidato á presidencia autonómica, correspondente á candidatura na circunscrición central para as eleccións autonómicas de 2007 en URAS, que presentou a Sergio Marqués. Do mesmo xeito, fixéronse candidaturas suplentes nos concellos nos que concorre ás eleccións locais.
Nas eleccións locais de 2007, a coalición obtivo 11.527 votos (1,95%) e 11 concelleiros. Nas eleccións autonómicas de 2007 obtivo 13.338 votos (2,2%), sen conseguir ningún escano, xa que lle faltaron 2.500 votos na circunscrición central para acadalo.
A coalición non se renovou para as eleccións de 2013.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nacionalismo asturiano
Ligazóns externas Partíu Asturianista Unión renovadora Asturiana Protocolo do acordo URAS - PAS A reforma estatutaria
Categoría:Partidos políticos de Asturias Categoría:Nacionalismo asturiano