La Llorona é un filme guatemalteco de 2019 dirixido por Jayro Bustamante. La Llorona estreouse internacionalmente o 30 de agosto de 2019 no Festival Internacional de Cinema de Venecia (Giornate degli Autori), e posteriormente na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019. Foi escollido como candidato de Guatemala para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.

Sinopse O xeneral Enrique Monteverde afronta un xuízo por crimes conta a humanidade por un xenocidio contra civís maias do cal foi responsábel décadas atrás, ocorrido nas zonas rurais de Guatemala. Aínda que nun principio é condenado, o procedemento é declarado nulo e a sentenza queda sen efecto. De volta na súa casa xunto coa súa familia, e no medio das protestas de quen está desconforme co resultado do xuízo, o home comeza a escoitar durante as noites o pranto dunha muller e a experimentar algúns acontecementos sobrenaturais. O seu xeito errático de actuar asusta os empregados da casa, que deciden renunciar, o cal provoca a chegada dunha misteriosa rapaza chamada Alma para traballar como serva.

Personaxes María Mercedes Coroy como Alma Sabrina De La Hoz como Natalia Margarita Kenéfic como Carmen Julio Díaz como Enrique Monteverde María Telón como Valeriana Juan Pablo Olyslager como Letona Ayla-Elea Hurtado como Sara

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Guatemala propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua maia Categoría:Filmes de Guatemala Categoría:Filmes dirixidos por Jayro Bustamante Categoría:Filmes sobre xenocidio