Os jumas son un pobo indíxena do Brasil que vive no estado do Amazonas, ao longo do río Mucuim, un afluente do río Açuã. O territorio do grupo atópase no concello de Canutama. Polo menos até o ano 2002, atopábanse fóra do seu territorio, na aldea Alto Jamary, xunto aos uru-eu-wau-wau, onde os catro últimos individuos casaron con individuos desa outra etnia. Os jumas falan a lingua juma, unha variedade do subgrupo VI das linguas tupí-guaranís."Juma." Ethnologue. 2009. Consultado o 27 de marzo de 2012.
No século XVIII, os jumas roldaban entre as 12 000 e as 15 000 persoas."Juma: Introduction." Instituto Socioambiental: Povos Indígenas no Brasil. Consultado o 27 de marzo de 2012 Por mor dos masacres levados a cabo ao longo da historia, o seu número descendeu a 300 en 1940. En 1998, só había catro persoas do pobo juma. O derradeiro varón juma, Aruka Juma, morreu por mor da COVID-19 en 2021. Foi sobrevivido polas súas tres fillas, as únicas superviventes do seu pobo.
Nomes Os jumas tamén son coñecidos como arara, kagwahibm, kagwahiph, kagwahiv, kavahiva, kawahip, kawaib e yumá.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas do Brasil Categoría:Grupos étnicos do Brasil