Margaret Rhea Seddon, nada en Murfreesboro, Tennessee, o 8 de novembro de 1947, é unha astronauta estadounidense que participou nas misións STS-51-D, STS-40 e STS-58.
Traxectoria Seddon graduouse en fisioloxía pola Universidade de California en Berkeley en 1970 e ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Tennessee en 1973.
Foi seleccionada como astronauta pola NASA en xaneiro de 1978, participando nas misións STS-51-D, STS-40 e STS-58 e pasando un total de 30,10 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-51-D STS-40 STS-58
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Tennessee