Next In Fashion (NIF) é un programa de Netflix de telerrealidade sobre unha competición de deseño de moda que comezou a emitirse o 29 de xaneiro de 2020. Presentado polos deseñadores Tan France e Alexa Chung, o programa é unha competición entre deseñadores por un premio de 250 000 dólares e unha colección na páxina de moda de luxo "Net-a-Porter".
En xuño de 2020, Netflix anunciou a cancelación da serie logo dunha soa tempada. Porén, anunciouse no Instagram da serie que o programa tería unha segunda tempada que contaría con Tan France e Gigi Hadid. A segunda tempada estreouse o 3 de marzo de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020