Manuel Castro Fernández, coñecido como Aviador e Inventor, nado no Castro de Caldelas en 1912 e finado no mesmo concello en maio de 1999,La Voz de Galicia, Ourense, 25-5-1999, p. 56 foi un inventor galego.
Traxectoria Foi empregado de telégrafos en Vigo, e despois fíxose radiotelegrafista de aviación civil. Na guerra civil trabalou nos laboratorios de radio das forzas aéreas franquistas. Instalouse en Madrid e en 1945 comezou a traballar para Iberia, ascendendo dous anos despois a xefe dos talleres de radio da compañía. Creou un modelo mellorado de radiolocalizador de avións. Por este invento foi premio e mención honorífica da exposición universal e de investigación de Bruxelas de 1957. En xuño de 1957 a revista Blanco y Negro dedicou un artigo ao radiolocalizador, destacando o modelo de Manuel Castro entre os sistemas anteriores de radiolocalización pola súa posible utilización en calquera punto do globo, xa que era sensible a toda clase de sinais. A pantalla admitía mapas de escala variable, o que permitía utilizar en cada momento a carta máis conveniente.
Recoñecementos En 1965 foi premio Juan de la Cierva de investigacións científicas. O Instituto Nacional de Industria concedeulle dúas medallas ao mérito do traballo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Inventores de Galicia
Categoría:Aviación en España Categoría:Nados no Castro de Caldelas Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes