A lingua kawésqar (qawasqar), tamén coñecida como alacaluf, é unha lingua illada gravemente en perigo falada en Chile polo pobo kawésqar. Orixinalmente, formaba parte dunha pequena familia lingüística, mais só a lingua setentrional sobreviviu. En 2009, só sete persoas de avanzada idade falaban a lingua, a maioría deles habitantes da illa Wellington, na costa suroeste de Chile. O kawésqar está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas DIcionario en liña qawasqar Alfabeto Kawésqar
Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas de Chile