Vitali Ivanovich Sevastianov, nado en Krasnouralsk o 8 de xullo de 1935 e finado o 5 de abril de 2010, foi un cosmonauta soviético que participou nas misións Soiuz 9 e Soiuz 18.

Traxectoria evastianov graduouse no Instituto de Aviación de Moscova en 1959. Traballou como enxeñeiro aeronáutico na oficina de Korolev. Adestrouse para o programa lunar soviético e para pilotar o transbordador espacial Buran. Participou nas misións Soiuz 9 e Soiuz 18, pasando un total de 80,68 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 9 Soiuz 18

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados no óblast de Sverdlovsk