Cristiano Ronaldo dos Santos Aveiro, OIH, nado en Funchal (Madeira) o 5 de febreiro de 1985, máis coñecido como Cristiano Ronaldo (AFI: kɾɨʃˈtiɐnu ʁuˈnaɫdu), é un futbolista portugués, que xoga como extremo no Al-Nassr FC, da Liga Profesional Saudita. É o máximo goleador da historia do fútbol e está considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos. Foi distinguido co premio ao Mellor xogador da Premier League en 2007 e 2008, así como Deportista Portugués do Ano neses mesmos anos. O seu notable desempeño na Premier League na tempada 2007–08 fíxolle acredor da Bota de Ouro,"Cristiano Ronaldo gana la Bota de Oro" o Balón de Ouro, e o FIFA World Player en 2008. Nos anos 2013 e 2014 conseguiu de novo o FIFA Balón de Ouro, converténdose no primeiro xogador de fútbol portugués en lograr o galardón dúas veces ou máis.

Comezou a súa carreira a curta idade no CD Nacional da súa localidade para logo incorporarse ao Sporting de Lisboa, club co que debutou na máxima categoría do fútbol portugués en 2001. Tras observalo nun amigable en 2003, o Manchester United inglés contratouno por 12,24 millóns de libras esterlinas. Despois de longas negociacións a mediados de 2009 foi traspasado ao club español Real Madrid CF por 80 millóns de libras esterlinas (94 millóns de euros, 132 millóns de dólares), converténdose no traspaso máis caro na historia do fútbol. Realizou a súa primeira aparición coa selección portuguesa en 2003 e desde 2008 é o capitán desta. No Mundial de 2022 tornou o primeiro xogador en marcar en cinco Mundiais e na Eurocopa 2024 en Alemaña, converteuse no primeiro xogador en participar en seis Eurocopas.

Traxectoria thumb|Ronaldo e Messi en 2011|esquerda O seu primeiro club foi o Clube Futebol Andorinha de Santo António, onde espertou axiña a atención dos olladores do Nacional da Madeira.

En 1995 ficha polos infantís do CD Nacional. Na súa primeira época, o futbolista gaña o campionato conquistado así o seu primeiro título coma xogador de fútbol.

Aos 11 anos de idade marcha de Madeira para Lisboa, fichando polos xuvenís do Sporting de Lisboa. Debuta co primeiro equipo en setembro de 2002, con só dezasete anos de idade. Naquela tempada chegaría a xogar 25 encontros, anotando 3 goles.

Nun encontro de competición europea contra o Manchester United destaca de tal xeito que os propios xogadores da escuadra inglesa, no voo de volta a Inglaterra pídenlle ao adestrador Alex Ferguson a súa fichaxe para substituír a David Beckham, que marchaba transferido ao Real Madrid.

Dende o ano 2003 até o 2009 xogou para o Manchester United, na Premier League. En 2009 foi transferido ao Real Madrid por 94 millóns de euros. De 2018 a 2022 xogou coa Juventus F.C. Volveu ao Manchester United en 2021 e en 2023 chegou a un acordo co Al Nassr para xogar na liga saudita.

Selección nacional 220x220px|miniatura|Ronaldo xogando contra o Brasil.|esquerda En 2003 Cristiano Ronaldo guiou a Portugal ao título do Torneo Esperanzas de Toulon, para xogadores sub-21. Xa naquel momento falábase do "Novo Eusébio", e a gran promesa do fútbol mundial. Uns meses despois do seu éxito no Toulon, o 20 de agosto de 2003 foi convocado para un partido ante Kazakhstán e logo para representar a súa selección nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004. Pero onde deu o paso á primeira liña do fútbol mundial foi defendendo Portugal na Eurocopa 2004, onde foi reclamado, tanto pola prensa como polos seareiros, cando nos primeiros partidos non contaba para o seleccionador no once titular, e acabou sendo unha das figuras da selección portuguesa no torneo, quen rematou subcampioa por detrás de Grecia ao perder na final por marcador de 1–0. Na seguinte gran cita da súa selección, a Copa Mundial de Fútbol de 2006 de Alemaña, xogou a un gran nivel, como case o resto da súa selección, o que lle serviu para subir á cuarta posición final, caendo nas semifinais ante Francia, e no partido polo terceiro e cuarto posto ante Alemaña.

Durante a etapa clasificatoria á Eurocopa 2008 anotou un total de oito goles. Xa na Eurocopa 2008, durante o segundo partido da fase de grupos, contra a República Checa, anotou o segundo gol do partido, ademais de dar a asistencia para o terceiro gol marcado por Ricardo Quaresma. Con esa vitoria de 3–1 o equipo luso asegurou a súa clasificación para os cuartos de final, instancia na cal sería eliminada por Alemaña. A pesar da súa curta idade, Cristiano Ronaldo tamén foi distinguido como segundo capitán da súa selección, despois de Nuno Gomes, durante o mencionado certame. Logo da Eurocopa, foi nomeado capitán absoluto da Selección de fútbol de Portugal.

Participou na Copa Mundial de Fútbol de 2010 en Suráfrica, anotando un só gol en todo o torneo, na fase de grupos contra Corea do Norte na goleada por 7–0. Caeu eliminado nos oitavos de final por España, que finalmente sería a campioa do certame. Despois da eliminación chegáronlles fortes críticas sobre a súa reacción pola caída de Portugal no Mundial.

Actividade empresarial Ademais da súa carreira deportiva, Cristiano Ronaldo mantén unha intensa actividade empresarial. É propietario do 30% de Medialivre, unha empresa que xunto con Altri formaba parte do conglomerado Cofina, a través da súa compañía CR7 S.A. A súa faceta como empresario expandiuse en diversos campos, incluíndo a moda, hoteis e ximnasios baixo a marca CR7.

Cristiano Ronaldo foi condenado por fraude fiscal en España en 2019. Aceptou un acordo coas autoridades fiscais, que incluía unha multa duns 18.8 millóns de euros e unha sentenza de cárcere de 23 meses, que non tivo que cumprir. O caso xurdiu porque Ronaldo foi acusado de usar empresas en paraísos fiscais para ocultar ingresos xerados polos seus dereitos de imaxe entre 2011 e 2014.

Vida privada 200px|miniatura|Cristiano Ronaldo en 2010.|esquerda Cristiano Ronaldo é católico. O 7 de setembro de 2005 seu pai, Dennis Aveiro, morreu por unha crise renal. Horas despois Ronaldo reuniuse co seleccionador de Portugal para comunicarlle a súa intención de xogar o partido contra Rusia para a clasificación ao Mundial de Fútbol de 2006, aínda que o técnico Alex Ferguson permitiulle regresar á súa cidade natal para o enterro, polo que perdeu o partido contra o Manchester City.

En outubro de 2006 foi interrogado pola policía británica por acoso sexual, pero a acusación foi retirada por falta de probas.http://www.elmundo.es/elmundodeporte/2005/10/19/futbol_internacional/1129735838.html Despois de dous partidos para a cualificación á Copa Mundial de Fútbol viaxa a Indonesia para recadar fondos polo tsunami que arrasou días antes. Reuniuse co vicepresidente Jusuf Kalla e o presidente de Timor Oriental, Xanana Gusmão para dar unha contribución de 120.000 dólares.

Despois de ser contratado polo Real Madrid vendeu a súa casa en Manchester por 6,5 millóns de euros. O 4 de xullo de 2010 poucos días despois da derrota do equipo de Portugal na Copa Mundial de Fútbol de 2010 anunciou por Twitter e Facebook que era pai dun neno. Acordouse coa nai que a súa identidade manteríase en segredo e o neno quedaría baixo a súa tutela.http://www.elpais.com/articulo/gente/tv/Cristiano/Ronaldo/padre/sorpresa/elpepugen/20100704elpepuage_1/Tes

Mantivo unha relación con Irina Shaykhttp://www.europapress.es/chance/gente/noticia-irina-shayk-nueva-novia-cristiano-ronaldo-20100531131352.html e, desde 2016 con Georgina Rodríguez. Cristiano Ronaldo anunciou en 2021 que agardaba xemelgos coa súa parella, aínda que tristemente un dos bebés faleceu ao nacer. Xuntos teñen outros catro fillos. O 11 de agosto de 2026 Georgina e Ronaldo casaron nunha cerimonia civil en Cascais.

Palmarés e estatísticas Club Manchester United Premier League (3): 2006–07, 2007–08, 2008–09 FA Cup (1): 2003–04 Football League Cup (2): 2005–06, 2008–09 FA Community Shield (1): 2007 UEFA Champions League (1): 2007–08 Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2008

Real Madrid Primeira División Española (2): 2011–12, 2016–17 Copa do Rei (2): 2010–11, 2013–14 Supercopa de España (2): 2012, 2017 UEFA Champions League (4): 2013–14, 2015–16, 2016–17, 2017–18 Supercopa de Europa (2): 2014, 2017 Copa Mundial de Clubs da FIFA (3): 2014, 2016, 2017 miniatura|279x279px|Cristiano Ronaldo nun amigábel Portugal-Arxentina, en Xenebra.

Internacional Portugal Copa do Mundo de Fútbol: Cuarto posto (1): 2006 Eurocopa de Fútbol: Campión (1): 2016 Subcampión (1): 2004 Bronce (1): 2012

Individual 2º mellor xogador xove do Mundial 2006. Xogador xove do ano segundo a FIFPro (2005). Incluído no Equipo do ano segundo a UEFA (2004). Balón de Ouro nos anos 2008, 2013, 2014. Bota de Ouro da Premier League no ano 2008. Bota de Ouro europea no ano 2008. Trofeo Pichichi en 2011. FIFA Balón de Ouro no ano 2013.

+Aparicións e goles por clubs, tempadas e competiciónsClubTempadaLigaCopaCopa da Liga / SupercopaContinentalOutrosTotalDivisiónXogosGolesXogosGolesXogosGolesXogosGolesXogosGolesXogosGolesSporting CP B2002–03Segunda Divisão B20————20Sporting CP2002–03Primeira Liga25332—3000315Manchester United2003–04Premier League294521050004062004–05Premier League335742080005092005–06Premier League339204281—47122006–07Premier League34177310113—53232007–08Premier League343133001181049422008–09Premier League33182142124215326Total196842613124551631292118Real Madrid2009–10La Liga292600—67—35332010–11La Liga344087—126—54532011–12La Liga384653—10102155602012–13La Liga343477—12122255552013–14La Liga303163—1117—47512014–15La Liga354821—12105254612015–16La Liga363500—1216—48512016–17La Liga292521—13122446422017–18La Liga272600—1315434444Total2923113022—1011051512438450Juventus2018–19Serie A312120—961143282019–20Serie A333142—841046372020–21Serie A332942—641144362021–22Serie A10————10Total9881104—231432134101Manchester United2021–22Premier League3018100076—38242022–23Premier League101000062—163Total40191000138—5427Al Nassr2022–23Saudi Pro League161420——1019142023–24Saudi Pro League313543—96765150Total474963—96867064Total da carreira700547764412420414929211,021

Inclúen datos das competicións nacionais ou estatais como a Taça de Portugal, FA Cup, Copa do Rei, Coppa Italia e a Copa de Arabia, e tamén da Football League Cup. As aparicións en competicións europeas como a UEFA Champions League, UEFA Europa League e a Supercopa da UEFA están especificadas, ademais de partidos clasificatorios e o FIFA Club World Cup. Tamén se menciona un gol non atribuído a Ronaldo por La Liga e a UEFA nun partido contra a Real Sociedad en 2010. Tamén se inclúe aparicións na Supercopa de España, na Supercoppa Italiana, na Saudi Super Cup, na AFC Champions League, e na Arab Club Champions Cup.

Internacional +Aparicións nas categorías inferiores e coa absoluta. Goles, ano e competicións.SelecciónAnoOficiaisAmigábeisTotalXogosGolesXogosGolesXogosGolesPortugal Sub152001217697Portugal Sub172001—32322002430043Total433275Portugal Sub202003—5151Portugal Sub2120020011112003722092Total7231103Portugal Sub232004211132Portugal Selección absoluta2003—20202004117501672005724011220061044214620079510105200851308120095021712010635011320116522872012944113520136733910201453429520154310532016101033131320171010111111201844327620191014—10142020422163202111113214132022123001232023910009102024402262Total1571085422211130Total na carreira1721157333245148

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Website Oficial Cristiano Ronaldo apoiado polo xogador. Cristiano Ronaldo Profile & Stats en FootballDatabase. Cristiano Ronaldo Profile en Topforward .

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados na rexión autónoma de Madeira Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Juventus FC Categoría:Balón de Ouro Categoría:FIFA World Player Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Bota de Ouro Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014