Ukrayinski sheryfy (en ) é un filme documental ucraíno de 2015 dirixido e escrito por Roman Bondarchuk. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Debido á falta de presenza policial na aldea ucraína de Stara Zburyivka, o alcalde Viktor Marunyak asigna a tarefa de protexer a paz a dous veciños, Viktor Kryvoborodko, de 50 anos, e Volodymyr Rudkovsky, de 44. O traballo de Kryvoborodko e Rudkovsky combina as funcións dos policías e dos traballadores sociais, xa que se encargan de mediar as disputas, pero non de investigar os delitos penais. O comezo da guerra ruso-ucraína en 2014 cambia a súa rutina xa que a política divide a aldea e os dous policías encárganse de apoiar o esforzo bélico ucraíno.
Produción Ukrayinski sheryfy foi filmada durante catro anos, para un total de case 200 horas de metraxe. A primeira edición do filme tiña cinco horas de duración e mantívose en máis de dúas horas até a súa sexta edición.
Distribución Ukrayinski sheryfy comezou a súa distribución en toda Europa en febreiro de 2016. A estrea do filme na televisión alemá tivo lugar o 4 de abril de 2016 na canle franco-alemá Arte. A distribución do filme en Ucraína comezou en xullo de 2016 e despois nos países bálticos e os Balcáns en setembro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 89ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes en lingua rusa Categoría:Filmes de Ucraína Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Letonia