Pokémon Ultra Sun (en ; Poketto Monsutā Urutora San) e Pokémon Ultra Moon (en ; Poketto Monsutā Urutora Mūn) son dous videoxogos de rol de 2017 desenvolvidos por Game Freak e publicados por The Pokémon Company e Nintendo para a consola Nintendo 3DS. Forman parte da sétima xeración da serie de videoxogos de Pokémon, sendo versión melloradas de Pokémon Sun e Pokémon Moon, os cales foron lanzados o ano anterior. Son os derradeiros xogos da serie central de Pokémon para a consola Nintendo 3DS. Foron anunciados en xuño de 2017 e distribuíronse internacionalmente o 17 de novembro de 2017.
Ó igual que os títulos anteriores, a historia dos xogos xira arredor dun adestrador Pokémon, neste caso na rexión de Alola (baseada en Hawai). As diferenzas entre Sun e Moon inclúen unha liña argumental alternativa e novas características, como personaxes, Pokémon, e formas diferentes de Pokémon, como a do Pokémon lendario Necrozma.
Os xogos recibiron valoracións positivas polo xeral, eloxiando as características engadidas respecto de Sun e Moon, malia que algúns criticaron que eran demasiado semellante durante a maioría da historia. A finais de 2018, Ultra Sun e Ultra Moon venderon máis de oito millóns de copias en todo o mundo.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Videoxogos de 2017 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Pokémon Categoría:Videoxogos con banda sonora de Junichi Masuda Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Xapón Categoría:Videoxogos de Nintendo 3DS Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de Game Freak