Na mitoloxía grega, Salmoneo foi fillo de Eolo e Enáreta. Aínda que era orixinario de Tesalia, emigrou e converteuse no rei da Élide, onde fundou a cidade de Salmone (ou Salmonia).
Era irmán de Atamante e de Sísifo. Casou con Alcídice e foi o pai de Tiro, pero Alcídice morreu e casou en segundas nupcias con Sidero, que foi moi cruel coa súa filla.
Sísifo pretendeu matar ó seu irmán Salmoneo e o oráculo díxolle que debía ter fillos con Tiro É dicir, coa súa sobriña. e que eles o vingarían. Así o fixo, pero Tiro, cando soubo a razón, preferiu matar ós seus propios fillos, aínda meniños. Sísifo sería castigado a intentar subir ata a cima dun monte unha rocha que caía unha e outra vez cando estaba a piques de alcanzar o cume O castigo debeuse máis ben a que Sísifo contara ó deus río Asopo que fora Zeus quen raptara a Exina, filla de Asopo..
O orgullo de Salmoneo levouno a querer igualarse ó mesmo Zeus. Para demostrar ós seus conveciños que era o señor do trono construíu unha estrada con pavimento de bronce sobre a que conducía a súa cuadriga con rodas de cobre ou ferro, coa que arrastraba cadeas ou caldeiros de bronce, todo o cal provocaba un grande estrondo co que pretendía imitar o ruído dos tronos de Zeus. Simultanemanente lanzaba fachos acesos pretendendo imitar os raios Estes fachos caían sobre os súbditos e as súas casas, o que explicaba que estes o odiaran..
Créndose un deus, obrigou ó seu pobo a adoralo a el en lugar de a Zeus e ofrecerlle a el os sacrificios. Zeus castigou a súa soberbia (Hybris Na antiga Grecia chamaban Hybris ó orgullo, vaidade esaxerada ou prepotencia, que moitas veces implicaba un merecido castigo.) e impiedade lanzando un raio contra el Hixino concreta máis e di que o raio alcanzouno cando ía sobre a cuadriga (Hixino: Fábulas 250, 3)., que o destruíu, á vez que á cidade de Salmone e tódolos seus habitantes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Homes na mitoloxía grega