Ernesto Doural Campos, nado en Vigo en 1904 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 1996, foi un loitador antifranquista galego.
Traxectoria Transportista de peixe. Militante do PCE dende 1931. Chegou a Madrid o mesmo día que se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Combateu no exército republicano como tanquista e alcanzou o grao de capitán. Coa fin da guerra foi detido, estivo preso na prisión do partido de Cieza, e permaneceu na cadea até novembro de 1942, en que saíu en liberdade condicional da Prisión Provincial de Murcia.BOE, 18-11-1942, 9355-9356. Volveu a Vigo e foi secretario de organización do Comité Rexional de Galicia do PCE. Foi detido de novo en Vigo en 1944 e procesado na causa 94/45 acusado de pertencer á Unión Nacional xunto a Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos, Mariano Otero Castelao, Manuel Álvarez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, Xosé Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Francisco Rey Drox, Eduardo Malvido Rúa, Antonio Soto Magariños, Luis Alonso Freijanes, Saturnino Rodríguez Fernández, Leopoldo Garrido Leirós, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo, e condenado a 12 anos de cadea. Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria del Dueso, de onde saíu en liberdade provisional en abril de 1955.BOE, 27-6-1955, p. 3855. Finou en Vigo o 9 de decembro de 1996.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 10-12-1996, p. 78. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Militares de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Vigo
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes