En zooloxía denomímase espermatofílax á parte do espermatóforo dos machos dos artrópodos, que contén gran cantidade de substancias nutritivas que queda fóra das vías xenitales da femia á espera de entrar no seu aparato reprodutor.espermatofílax en dicciomed. Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico.
Etimoloxía Este neoloxísmo científico está formado polos elementos espermmato- e -fílax ambos os dous derivados das voces do grego antigo σπέρμα, -ματος spérma, -matos, "semente"', "seme" , e φύλαξ, -κος phýlax -kos, "gardián", unidos por un -o- epenético.
Función O epermatofílax é unha especie de bóla xelatinosa, abrancazada, comestíbel, que algúns insectos e arácnidos machos expulsan durante a cópula coas femias a través dos seus aparatos reprodutores, xunto cos espermatóforos, e que funciona como suplemento nutritivo para a femia. (Texto completo).Stalhandske, P. (2001): "Nuptial gift in the spider Pisaura mirabilis maintained by sexual selection". Behav. Ecol. 12: 691-697 (Resume). (Texto completo).
Por exemplo, os machos dos saltóns da familia dos tetigoníidos, ou dos "insectos folla" (familia dos fílidos), dan agasallos nupciais ás femias en forma dun espermatofílax, cuxa función é incrementar o tempo en que a femia permanece unida ao espermatóforo do macho e así o macho incrementa as súas posibilidades de paternidade.
O espermatofílax excrétase durante a cópula coa femia, a través do órgano copulador, xunto co espermatóforo, ao que está pegado. As femias tómano do macho normalmente inmediatamente despois da copulación. Despois comen o espermatofílax, de 1 a 7 minutos despois de consumir completamente o espermatóforo. Porén, a transferencia completa dos espermatozoides require que o bulbo permaneza unido á femia durante polo menos 50 m, que é o tempo medio despois do cal as femias se libran do bulbo. (52,0 ± 2,2 minutos despois do apareamento). O alimento reprodutor ofrecido polo macho á femia tería, polo tanto, a función de disuadir á femia de que non retire o bulbo de seme antes de que se complete a transferencia do esperma.
Suponse que o espermatofílax mellora o éxito reprodutivo, á vez que ten unha función nutricional para a femia.Sakaluk S. K. (1984): "Male crickets Gryllodes supplicans feed females to ensure complete sperm transfer". Science 223: 609–610. Os machos parasitados producen menos espermatofilax e, polo tanto, reducen o éxito reprodutivo. Non se demostrou que as femias prefiran os machos que producen máis espermatofílax, pero parece que existen conexións entre a calidade reprodutiva do macho e a cantidade de espermatofílax producida.Simmons, L. W.; L. Beesley, P. Lindhjem, D. Newbound, J. Norris & A. Wayne (1999): "Nuptial feeding by male bushcrickets: an indicator of male quality?". Behav. Ecol. 10: 263-269. (Resume).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alexander, R. D, & Otte, D. (1967): "The evolution of genitalia and mating behavior in crickets (Gryllidae) and other Orthoptera". Misc. Publ. Mus. Zool. Univ. Mich. 133: 1–61. Kerr, A. M.; S. N. Gershman & S. K. Sakaluk (2010): "Experimentally induced spermatophore production and immune responses reveal a trade-off in crickets". Behav. Ecol. 21: 647-654. (Resume), (Texto completo). Sakaluk, S. K.; M. T. H. Campbell, A. P. Clark, J. C. Johnson & P. A. Keorpes (2004): "Hemolymph loss during nuptial feeding constrains male mating success in sagebrush crickets". Behav. Ecol. 15: 845-849. ( Resume9, 8Texto completo). Warwick, S.; K. Vahed, D. Raubenheimer & S. J Simpson (2009): "Free amino acids as phagostimulants in cricket nuptial gifts: support for the 'Candymaker' hypothesis". ' Biol. Lett. 5, pp.194-6
Outros artigos Reprodución Sistema reprodutor Espermatóforo
Categoría:Termos zoolóxicos