Os III Xogos Olímpicos realizáronse na cidade de St. Louis, no estado de Missouri, Estados Unidos. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en París, estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a Louisiana Purchase Exhibition, sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o 1 de xullo e tendo a súa clausura o 23 de novembro de 1904.

Historia e características Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, Pierre de Coubertin, mesmo recibindo unha carta do Presidente Theodore Roosevelt implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en Europa.

Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios Estados Unidos, o que explica a gran cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.

Modalidades olímpicas disputadas

Atletismo Boxeo Soga-tira Ciclismo Esgrima Fútbol Ximnasia Golf Halterofilia Lacrosse Loita Natación Wáter-polo Remo Roque Saltos de trampolín Tenis Tiro con arco

Cadro de Medallas

Cadro de Medallas 50px Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total 1 25px|United States Estados Unidos 78 82 79 239 2 25px|Germany Alemaña 4 4 5 13 3 25px|Cuba Cuba 4 2 3 9 4 25px|Canadá Canadá 4 1 1 6 5 25px|Hungary Hungría 2 1 1 46 25px|Mixed team Equipo mixto 1 1 0 2 25px|Great Britain and Ireland Reino Unido 1 1 0 28 25px|Greece Grecia 1 0 1 2 25px|Switzerland Suíza 1 0 1 2 10 25px|Austria Austria 0 0 1 1

Obs: Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 medalla de ouro e 1 medalla de prata, en Atletismo e en Esgrima.

Notas

Categoría:Deporte en 1904 Categoría:Xogos Olímpicos