Toorbos é un filme surafricano de 2019 dirixido por Rene van Rooyen. Conta a historia dunha muller nova que entra nun conflito entre os seus ideais e os do seu marido. Foi escollido como candidato de Suráfrica para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Pouco despois do estoupido da segunda guerra mundial, unha muller nova dunha comunidade de granxeiros humildes namórase e casa cun rico propietario. Ela comeza a adaptarse ó seu novo estilo de vida, incluíndo ser servil co seu home. Porén, axiña comeza a sentir irritada no seu novo papel e o seu malestar medra cando se decata do desprezo do seu esposo polo bosque do que ela provén.
Personaxes Sean Brebnor como Faan Mankvoet Elani Dekker como Karoliena Kapp Stiaan Smith como Johannes Stander
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Suráfrica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua afrikaans Categoría:Filmes de Suráfrica