María Isabel Ana Mantecón Vernalte, nada en Antequera (Málaga) o 11 de maio de 1953, é unha actriz española, coñecida como Kiti Mánver. A súa traxectoria cinematográfica inclúe filmes dirixidos por Pedro Almodóvar, José Luis Garci e Álex de la Iglesia. Tamén desenvolveu unha ampla traxectoria en producións para a televisión e no teatro.

Na sexta edición dos premios Goya, celebrada en 1992, recibiu o premio á mellor actriz secundaria pola súa interpretación no filme dirixido por Enrique Urbizu Todo por la pasta. En 2014 foi recoñecida co Premio Ceres polo seu papel na obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio.

Traxectoria Mánver viviu en Málaga ata os trece anos, cando a súa familia se mudou a Madrid, aínda que mantivo o contacto co sur pola súa afección á actividade campesiña, que a relaxa. Comezou a traballar no cinema con dezasete anos, e, aínda que protagonizou o primeiro espido do teatro español, como feminista pronunciouse contra o destape.Kiti Mánver: «Durante el destape había una especie de acoso y de obligación para hacerte fotos en pelotas»

Traballou con directores como Manuel Gutiérrez Aragón, Pedro Almodóvar, Manuel Gómez Pereira, Gerardo Vera, José Luis García Sánchez, Álvaro Fernández Armero, Álex de la Iglesia e José Luis Garci.

Obtivo o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria en 1991 pola súa interpretación no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, que protagonizou xunto coa tamén malagueña María Barranco.Kiti Manver (2013)

En 2017 foi a actriz principal da obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio, que se presentou en Londres como parte del Festival de Teatro Español.

Filmografía 1970: Chicas de club 1973: Habla, mudita 1978: ¿Qué hace una chica como tú en un sitio como éste? 1979: Historia de S 1980: Ópera prima 1980: Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón 1984: ¿Qué he hecho yo para merecer esto? 1987: Luna de lobos 1988: Mujeres al borde de un ataque de nervios 1991: Todo por la pasta 1994: Todos los hombres sois iguales 1995: La flor de mi secreto 1997: Una pareja perfecta 1997: Cosas que dejé en La Habana 2000: A galope tendido 2000: La comunidad 2001: Noche de reyes 2002: El caballero Don Quijote 2003: A luz prodixiosa 2003: Te doy mis ojos 2005: Escorzo 2006: Lola 2007: Luz de domingo 2009: Los abrazos rotos 2009: Pagafantas 2010: Una hora más en Canarias 2011: Lo contrario al amor 2015: Las ovejas no pierden el tren 2019: Lo nunca visto 2020: El inconveniente

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Antequera Categoría:Nados en 1953 Categoría:Actores de Andalucía Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de televisión de España