Na mitoloxía grega, Aretusa era unha náiade que formaba parte do séquito de Artemisa. Era filla dun deus fluvial e prometera manterse sempre virxe, dedicándose á caza. miniatura|esquerda|Alfeo intentando capturar a Aretusa (Bernard Picart (1673 - 1733))|200x200px O deus-río Alfeo, un río do Peloponeso, estaba namorado dela Como tamén o estaba da deusa Artemisa.. Para conseguila, fíxose cazador, pero non conseguiu ser aceptado por Aretusa. Ó contrario, ela fuxiu ata a illa Ortixia, no centro do porto de Siracusa (Sicilia) pero Alfeo seguiuna ata alí. Aretusa pediu axuda a Artemisa, quen a transformou en fonte, na chamada no seu honor Fonte Aretusa, e Alfeo recorreu a mesturar as súas augas coas da fonte Aretusa, materialiando así o seu amor por ela. Tamén se di que a transformación tivo lugar xa no Peloponeso e que, perseguida por Alfeo, Aretusa dirixiuse baixo o mar ata xurdir como fonte na illa Ortixia. miniatura|esquerda|Anverso dun decadracma de Siracusa, coa cabeza de Aretusa e catro golfiños arredor (c. 485-478 a.C.)|200x200px Ovidio relata así o mito: Aretusa regresaba de cazar no monte Estínfalo un día de moita calor e atopou un río manso e de augas transparentes. Espiuse e bañouse, ata que escoitou un rumor e saíu da auga, escoitando como Alfeo preguntáballe que onde ía con tanta présa. Aretusa fuxiu a correr, núa como estaba, perseguida por Alfeo en forma humana. Suplicou a Artemisa que a axudara e a deusa envolveuna nunha densa nube, de forma que Alfeo non podía saber onde estaba pero seguía dando voltas ó redor da nube, buscándoa. Nese momento, converteuse en manancial e Alfeo recuperou a súa forma líquida e mesturouse con ela.

Os habitantes de Ortixia divinizárona e representárona nas súas moedas, rodeada de golfiños.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Deusas gregas