O castro de Flores ou Flores de Turreiro, é un castro situado no lugar de Flores na parroquia de Feás, no concello coruñés de Aranga.
Descrición O castro de Flores consta dun recinto fortificado de planta ovalada do que se conservan parte das defensas, sobre todo no cuadrante sueste. Existe un recinto principal ó que seguen un sistema defensivo conformado por outros parapetos cos seus respectivos foxos.
Ó norte hai unha caída moi forte cara ao río Mandeo, que fai de defensa natural.Catálogo de patrimonio no PXOM do concello de Aranga.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Flores Categoría:Aranga sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes