miniatura|Xeneral Arsenio Martínez Campos. Coñécese como Pronunciamento de Sagunto ou Pronunciamento de Martínez Campos ao pronunciamento feito polo xeneral Arsenio Martínez Campos en Sagunto o 29 de decembro de 1874, que supuxo a Restauración borbónica en España e o fin do Sexenio Democrático (1868-1874) e da Primeira República Española (1873-1874).
Historia O 27 de decembro de 1874, o xeneral Martínez Campos saíu de Madrid cara a Sagunto, requirido polos afonsinos valencianos para que se pronunciase, recibindo un telegrama co texto Laranxas en condicións, expresión en clave ideada polos conservadores valencianos, para que dirixise o movemento.
Ese mesmo día, o xeneral de brigada Luis Dabán, xefe da brigada de Segorbe (Castelló), trasladou parte da súa tropa (dous batallóns de infantaría, varios escuadróns e algunhas pezas de artillaría, en total uns 1.800 homes) até Sagunto. miniatura|Portada de La Ilustración Española y Americana, do 8 de xaneiro de 1875, representando a proclamación de El-Rei Afonso XII pola brigada Daban, baixo o mando do xeneral Martínez Campos, o 29 de decembro de 1874. O 29 de decembro, Martínez Campos púxose á fronte da brigada e, cos soldados formando un cadro nun lugar chamado «As Alquerietas», preto de Sagunto, onde se inicia a estrada Sagunto-Burgos, arengou á tropa, demostrando a necesidade de efectuar a restauración borbónica na persoa do príncipe Afonso, fillo de Isabel II como Afonso XII, Rei de España e Indias. Afonso herdara os dereitos de sucesión da Coroa de España, ao abdicar Isabel II no exilio (1870). Finalmente, rematou co berro de Viva don Afonso XII rei de España!, sendo contestado por toda a tropa. Finalizado o pronunciamento, as tropas dirixíronse a Valencia. Ás 12 horas e 16 minutos da mañá, o goberno de Madrid recibe o seguinte telegrama:
Ás poucas horas o pronunciamento a favor do príncipe Afonso é comunicado aos xefes militares, ao líder do afonsismo Antonio Cánovas del Castillo e ao propio goberno, entón presidido polo líder do Partido Constitucional, Práxedes Mateo Sagasta. Este púxose en contacto por telégrafo co Presidente do Poder Executivo da República, o xeneral Serrano, que se atopaba en Tudela dirixindo as operacións militares na fronte do Norte en plena Terceira guerra carlista. Nesa conferencia telegráfica o xeneral Serrano rexeitou abandonar a fronte e volver a Madrid para se enfrontar aos militares que na capital se adheriran ao pronunciamento, «declinando toda resistencia».
Ese mesmo día 29 ás tres e media da tarde, o xeneral Jovellar, xefe do exército do centro, escribiu un telegrama ao Ministerio da Guerra, indicando que se unía ao pronunciamento. O mesmo 29, os xenerais De la Pezuela, Reyna, Gasset, San Román, Quesada, Macías, Larrocha e Moltó, reunidos na casa do primeiro, tamén acordaron apoia-lo movemento. O ministro da Guerra telegrafiou ao xeneral Serrano: «Isto non ten remedio». Como destacou Ramón Villares, «o goberno de Sagasta... nin quixo nin tampouco puido defenderse ante o feito consumado de Sagunto. A maioría dos oficiais militares que non estaban na fronte do Norte apoiouno de forma tácita ou expresa».
Na mañá do 30 de decembro, o xeneral Fernando Primo de Rivera, capitán xeneral de Madrid, aceptou o pronunciamento e presentouse no Consello de Ministros convocado para analiza-la situación, mostrando a adhesión da tropa de Madrid. Os ministros protestaron pero aceptaron formalmente as consecuencias do pronunciamento e entregaron o poder ao xeral Primo de Rivera.
Consecuencias miniatura|Gravado que mostra a entrada do rei Afonso XII en Madrid ao seu paso baixo un arco de triunfo levantado na rúa de Alcalá o 14 de xaneiro de 1875. Primo de Rivera constituíu un goberno provisional o 31 de decembro de 1874 baixo a dirección de Cánovas, que decreta a restauración da monarquía, pondo fin á Primeira República Española.
Cánovas del Castillo, que fora inicialmente detido, foi finalmente agasallado na sede do goberno civil de Madrid. Despois nomeou aos membros do Ministerio-Rexencia que asumiu o poder conferido por Primo de Rivera até a volta do exilio do príncipe Afonso, agora xa proclamado rei. No momento de producirse o pronunciamento este atopábase de viaxe a París, onde residía a súa nai a raíña Isabel II, dende a Academia de Sandhurst, en Inglaterra, e foi informado do ocorrido en España a última hora do día 30 mediante unha nota que dicía en francés: «Votre Majesté a été proclamei Roi hier soir par l'Armée espagnole» (en galego: Vosa Maxestade foi proclamado Rei onte pola tarde polo Exército español). Poucas horas despois Cánovas enviaba un telegrama á raíña Isabel II no que lle comunicaba «este gran triunfo, alcanzado sen loita nin derramamento de sangue».
Daquela, organizouse rapidamente a viaxe de regreso a España do príncipe Afonso vía Marsella. Mentres tanto celebráronse Te Deums e repartiuse pan aos pobres nas principais cidades. O novo rei desembarcou en Barcelona, o 9 de xaneiro, onde foi recibido con gran xúbilo pola Deputación Provincial, moito maior que o que se dispensara ao rei Amadeu I catro anos antes. O 14 de xaneiro entraba en Madrid de forma «apoteósica» segundo as crónicas.
Carta Carta de Martínez Campos a Cánovas do 27 de decembro de 1874, xustificando o pronunciamento
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Manifesto de Sandhurst
Categoría:Sagunt Categoría:1874 Categoría:Sexenio Democrático Categoría:Restauración borbónica en España Sagunto