Na mitoloxía grega, Astipalea foi a filla de Fénix, fillo de Axenor, e de Perimede, filla de Eneo.

Foi seducida por Poseidón, de quen procreou dous fillos: Anceo e Eurípilo, rei de Cos. Nos textos de Hixino, este segundo toma o nome de Periclímeno.

Eurípilo foi morto por Heracles cando o heroe, unha vez cumpridos os doce traballos, regresaba de conquistar Troia.

Anceo foi un dos Argonautas e encargouse do goberno da nave Argo ata a Cólquide, trala morte do temoneiro Tifis.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Mulleres na mitoloxía grega