Camila Carraro Mendes, nada o 20 de xuño de 1994 en Charlottesville (Virxinia), é unha actriz e cantante estadounidense. É coñecida por interpretar a Veronica Lodge na serie televisiva adolescente Riverdale da cadea americana "The CW".

Primeiros anos Camila naceu en Charlottesville, Virxinia, de pais brasileiros, Victor Mendes e Gisele Carraro. A súa nai é de Porto Alegre, Rio Grande do Sul, mentres que o seu pai é de Brasilia. Mudouse moitas veces ao longo da súa infancia, pero a maioría pasouna en Florida, onde estudou no centro educativo "American Heritage School". Á idade de 10 anos, viviu no Brasil durante un ano.

En maio de 2016, graduouse na universidade de Nova York na Tisch Escola das Artes. Alí tamén se fixo amiga da cantante Maggie Rogers. En 2018, Mendes apareceu no vídeo musical da canción desta artista "Give a Little".

Carreira O seu primeiro traballo foi como suplente nun anuncio de IKEA.

En 2016, Mendes interpretou a Veronica Lodge, unha persuasiva estudante de instituto, na serie adolescente Riverdale, inspirada no Archie Cómics.

Apareceu nas portadas de "Women´s Health" en decembro do 2017 e de Cosmopolita en febreiro de 2018. Debutou como Morgan en "The New Romantic", drama-comedia premiado no Festival de SXSW en marzo de 2018. No mesmo mes, Camila interpretou outro papel en The Perfect Date ao lado de Laura Marano e Matt Walsh. O filme foi estreado en Netflix o 12 de abril de 2019.

Notas

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia brasileira