Shenzhou 6 foi o nome da segunda misión tripulada chinesa e a primeira tripulada por dous astronautas. Foi lanzada o 12 de outubro de 2005 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.
Características Shenzhou 6 foi a primeira misión chinesa en levar dous astronautas a bordo, Fei Junlong e Nie Haisheng. A misión tivo unha duración de case cinco días, durante os cales os tripulantes fixeron varios experimentos, usando por primeira vez o módulo orbital na nave Shenzhou, que tiña varias modificacións de seguridade e comodidade para os astronautas feitas en base á experiencia con Shenzhou 5.
No último día da misión a cápsula de reentrada, cos dous tripulantes a bordo, separouse do módulo orbital e do módulo de servizo para reentrar na atmosfera. A cápsula aterrou ás 20:33 GMT coa tripulación a salvo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16
Categoría:Programa Shenzhou