O recoñecemento como Arraiano Maior e Arraiano Universal, véñense concedendo dende o ano 2009, pola Asociación Arraianos. Sendo o Arraiano Maior de carácter anual e o Arraiano Universal entrégase de xeito extraordinario.
Descrición A distinción como Arraiano Maior non ten dotación económica, e a persoa premiada recibe unha Aguillada, que simboliza a autoridade da xente da raia, e unha boina ou pano da cabeza, prendas imprescindibles da xente arraiana. A aguillada mantense no poder da persoa recoñecida durante un ano, e ao seguinte faille entrega á quen sexa recoñecido Arraiano Maior nese ano.
Arraiano Universal é o recoñecemento que se fai a persoas, xa desaparecidas, institucións, ou á simboloxía ou mesmo lugares que teñen un especial significado na cultura e o arraigo arraiano. Entregase un diploma obra de Baldo Ramos.
Historia A Asociación Arraianos decidiu, no ano 2009, conceder un recoñecemento anual ás persoas que destaquen polo seu traballo en prol da cultura arraiana compartida entre Galicia e Portugal.
O primeiro homenaxeado foi Xosé Luís Méndez Ferrín, autor do libro Arraianos, obra de cabeceira do colectivo. Esa primeira homenaxe decorreu o 26 de xullo de 2009 en Ludeiros e na fronteira da Madalena en Lobios. Comezou coa lectura do Manifesto Arraiano, no Corete do carballo do Santo na aldea da parroquia de Manín e continuou cun rota polos camiños do contrabando na serra de Santa Eufemia ata a fronteira da Madalena, aproveitando a celebración anual transfronteiriza da virxe da Madalena, que se mantén dende tempo inmemorial. a seguir, houbo unha comida fraternal e discurso do homenaxeado na carballeira da Madalena rematando cunha plantación dunha árbore na área de recreo e descanso ao pé da fronteira.
Méndez Ferrín entregoulle a Aguillada ao Padre Fontes, nesta ocasión noutro lugar simbólico da unión arraiana, a fronteira da Meixueira entre Entrimo e Castro Laboreiro. Continuouse cunha rota polas Brandas de Castro Laboreiro, e rematando cunha comida fraternal no mítico lugar da Pena de Anamán.
No ano 2011, o recoñecemento recaeu en Bento da Cruz. Os actos celebráronse na Terrachán, Entrimo, coa subida ata o Pedreiriño.
Ao ano seguinte os actos celebráronse en Celanova, onde Xesús Alonso Montero recibiu a Aguillada das mans de Bento da Cruz. E nese ano concedeuse o primeiro Arraiano Universal á figura de Celso Emilio Ferreiro.
En 2013 a aguillada viaxou a Gres para homenaxear a Xosé Neira Vilas.
No ano 2014 recoñeceuse ao colectivo cultural Porta Treze de Vila Nova de Cerveira.
No ano 2015, recibiu a aguillada Isaac Alonso Estraviz, nun acto celebrado na Igrexa da Virxe do Xurés, onde se recoñece á figura da virxe arraiana como Arraiana Universal.
No ano 2016 recoñeceuse ao enxeñeiro de montes e escritor Xosé Benito Reza, nun acto celebrado no centro de interpretación de Aquis Querquennis, de Bande.
Dende o ano 2017 véñense entregando en Entrimo, e estas son as figuras recoñecidas: Paula Godinho, Quico Cadaval, Xurxo Souto, Manuela Ribeiro, Mercedes Vázquez Saavedra.
Premiados +AnoArraiano/a MaiorArraiano/a UniversalColectivo singular2009Xosé Luís Méndez Ferrín2010António Lourenço Fontes (Padre Fontes)2011Bento da Cruz2012Xesús Alonso MonteroCelso Emilio Ferreiro2013Xosé Neira Vilas2014Porta Treze2015Isaac Alonso EstravizVirxe do Xurés2016Xosé Benito Reza2017Paula Godinho2018Quico Cadaval2019Xurxo Souto2020Manuela Ribeiro2021Mercedes Vázquez SaavedraJosé Lamela Bautista, Toño do Val (O Cesteiro)2022Xosé Manoel Núñez SeixasXosé VeloComités pola memoria histórica de Celanova e o Val do Limia2023Antoine ChaoRamón ChaoAsociación Amigos de Prisciliano2024UxíaJusto BeramendiFundación Rosalía de Castro2025Tono Correa CorredoiraXosé Vizoso, Plácido RomeroFundación Castelao, Asociación de Mulleres Rurais de Entrimo
Notas
Véxase tamén Outros artigos A Raia Ligazóns externas
20x20px 20x20px 20x20px 20x20px 20x20px 20x20px 20x20px Sitio do colectivo cultural Porta Treze
Categoría:Premios de Galicia