Philip Walter Foden, nado en Stockport, Inglaterra, Reino Unido o 28 de maio de 2000, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Manchester City da Premier League de Inglaterra.
Traxectoria Foden formouse dende os oito anos na canteira do Manchester City. O 21 de novembro do 2017 debutou co Manchester City nun encontro da Liga de Campións ante o Feyenoord Rotterdam. Co seu debut, converteuse no cuarto futbolista inglés máis novo en debutar na máxima competición europea só por detrás de Wilshere, Solanke e Maitland-Niles. Poucas semas despois converteuse no futbolista inglés máis novo en ser titular, con só 17 anos e 192 días. O seu debut na Premier League foi o 16 de decembro ante o Tottenham Hotspur F.C.. Poucos meses despois, logrou converterse no futbolista máis novo en gañar unha medalla de campión da Premier League batendo a marca de Clichy.
O 5 de agosto de 2018 foi titular na final da Community Shield, na que o equipo de Guardiola venceu ao Chelsea.
Selección nacional Foden foi internacional en todas as categorías inferiores da selección inglesa (dende a sub-16 á sub-21). En maio de 2017 marcou dous goles no Europeo sub-17, incluíndo un na final, no que a selección inglesa sub-17 caeu na quenda de penaltis ante España.
En outubro dese mesmo ano foi elixido mellor xogador do Mundial sub-17 celebrado na India. A selección inglesa tomouse o desquite do sucedido uns meses antes e derrotou por 5 a 2 ao combinado español na final. Foden marcou dous tantos na final e foi elixido como mellor xogador do torneo.
É internacional absoluto coa dende 2020. Debutou o 5 de setembro saíndo de inicio no partido da liga das Nacións da UEFA 2020-21 ante que o conxunto inglés venceu grazas a un gol de Raheem Sterling no tempo de desconto. O 18 de novembro, no partido disputado en Inglaterra entre ambas as seleccións, anotou os seus primeiros dous goles co equipo nacional.
Palmarés Manchester City
Premier League (5): 2017/18, 2018/19, 2020/21, 2021/22, 2022/23. FA Cup (2): 2018/19, 2022/23. EFL Cup (4): 2017/18, 2018/19, 2019/20, 2020/21. Community Shield (2): 2018, 2019. Liga de Campións (1): 2022/23.
Inglaterra sub-17 Copa do Mundo sub-20 (1): 2017.
Individual Balón de Ouro da Copa do Mundo sub-20 (1): 2017. Trofeo Alan Hardaker (1): 2020.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha oficial de Foden co Manchester City Ficha oficial de Foden na Premier League Ficha de Foden en Soccerway.com Ficha de Foden en BDFutbol
Categoría:Nados en Stockport Categoría:Nados en 2000 Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024