Shenzhou 3 foi a terceira misión non tripulada dunha cápsula Shenzhou. Foi lanzada o 25 de marzo de 2002 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 3 foi o terceiro voo dunha cápsula Shenzhou. A cápsula non ía tripulada e foi un voo de probas para comprobar o deseño e as características de voo da cápsula e do foguete lanzador. A bordo levaba diversa instrumentación para comprobar que as condicións serían adecuadas para os futuros astronautas. Con Shenzhou 3 probouse tamén por primeira vez o sistema de escape, formado por un foguete no extremo superior da nave durante o lanzamento. Tras sete días a cápsula de reentrada regresou o 1 de abril de 2002.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 7 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16

Categoría:Programa Shenzhou