miniatura|300px|Dafne pide axuda ó deus do río, Peneo, para escapar de Apolo, e Peneo transfórmaa nun loureiro.
Na mitoloxía grega, Peneo era un deus fluvial de Tesalia, un dos tres mil ríos de Grecia. Era fillo de Océano e Tetis.
Casou coa ninfa Creúsa (ou Filira), coa que tivo catro fillos, entre os que se cita a Hipseo, rei dos lapitas, e tres fillas, Cirene (nai de Aristeo), Dafne e Estilbe, aínda que algunhas fontes consideran a Cirene unha das súas esposas. Estilbe tivo do deus sol, Apolo, dous fillos xemelgos, Centauro e Lapites, epónimo do pobo do mesmo nome e antecesor de Auxías e Pirítoo, entre outros personaxes mitolóxicos coñecidos; algúns tamén a fan nai de Eneo.
A máis famosa das súas fillas foi Dafne que, perseguida por Apolo, implorou a axuda do seu pai para escapar do acoso do deus, e Peneo converteuna en loureiro Hixino dá outra versión: cando Apolo estaba perseguindo a Dafne, ela pediu axuda á Terra, que a acolleu dentro dela e transformouna na árbore do loureiro (Fábulas, 203). Graves recolle esta versión e engade que a Nai Terra levouna ata Creta, e deixou un loureiro no seu lugar (Graves, px. 90).. Apolo tivo que consolarse con cortar unhas pólas e coroarse con elas, e esa coroa de loureiro converteuse en símbolo de vitoria na cabeza de heroes, xenerais e emperadores romanos.
Galería de arte
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Deuses fluviais